Diferenzas entre revisións de «Paulo Orosio»

Etiqueta: edición de código 2017
Foi unha figura de gran prestixio cultural, que tivo contacto coas grandes personalidades da súa época, como [[Agostiño de Hipona]] ou [[Xerome de Estridón]] e autor da ''[[Historiae adversus paganos]]'', unha narración histórica desde a creación do mundo ata a súa contemporaneidade.
 
=== Interrogantes sobre a súa figura ===
==== Nome ====
Respecto ao apelativo de Paulo Orosio, a dúbida non está en "Orosio" senón no nome anteposto de "Paulo". Non se sabe se se chamou así ou se o "P" de [[presbítero]], que sempre acompañaba o seu nome, co paso do tempo se confundiu con Paulo<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p. 19.</ref>. Con todo, xa en autores inmediatamente posteriores a Orosio aparece o nome Paulo. De feito, ata o propio Casimiro Torres, un dos principais estudosos sobre a figura de Orosio, sinala que Paulo puido ser a acepción cristiá e Orosio a indíxena<ref name="ReferenceA">TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985</ref>.
 
==== Lugar de orixe ====
[[Ficheiro:Vista braga.jpg|miniatura|250px|Panorámica de Braga na actualidade]]En canto á súa orixe, existen catro teorías:
 
* Nacemento en [[Bretaña]]: é unha teoría similar á anterior, e apóiase tamén no coñecemento máis ou menos profundo desta zona por Orosio<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 25.</ref>.
 
==== Data de nacemento ====
A data de nacemento non consta en ningures. Se en [[415]] hai constancia de que Agostiño de Hipona falaba de Paulo Orosio como "un mozo presbítero", iso significa que nese momento non podía ter máis de 40 anos (mozo), nin menos de 30 (presbítero)<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p.27</ref>. No abano de datas que vai dende [[375]] e [[385]], o ano máis probable é [[383]], dado que iso suporía que cando Orosio chegou onda Agostiño de Hipona tería 32 anos, é dicir, dous desde a súa ordenación como presbítero.
 
=== TraxectoriaVida ===
==== Primeiros anos ====
A pesar da escaseza de fontes, se se dá por bo o abano de dez anos entre 375 e 385 para o nacemento de Orosio, habería que enmarcalo nun momento de pleno desenvolvemento do [[priscilianismo]] e de auxe cultural do noroeste ibérico coa aparición de [[Exeria (escritora)|Exeria]] ou de [[Hidacio]]<ref>LÓPEZ PEREIRA, J.E. 'Cultura y literatura latinas en el NO peninsular en la latinidad tardía', ''Minerva. Revista de Filología Clásica'', 1:1987 , p. 129-144.</ref>.
 
Paulo Orosio podería pertencer a unha familia ben situada socialmente<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002.</ref> o que lle permitiría acceder a unha boa formación. A historiografía contemporánea sinala que desde a mocidade Orosio tiña sona de falador e erudito, baseándose en afirmacións de Agostiño de Hipona e do [[papa]] [[Xelasio I, papa|Xelasio I]]. En calquera caso, todo o referente á mocidade do autor non son máis que hipóteses e conxecturas, pois xunto á súa desaparición é a época peor coñecida da súa biografía.
 
==== Viaxe a África ====
En principio, parece seguro que Paulo Orosio viviu na [[Gallaecia]] ata [[409]], pero entre ese ano e [[415]], non hai datos completamente fiables. A cronoloxía tradicional é a que se segue nos seguintes parágrafos<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 29.</ref>:
 
O certo é que unha vez Orosio saíu da [[Península Ibérica]] tiña claro que o seu destino era [[Hipona]], para atoparse co maior intelectual da época: Agostiño de Hipona. Desde a súa chegada, Orosio pasou a formar parte do equipo que traballaba xunto a Agustín de Hipona, polo que é posible que o autor colaborase na elaboración da ''[[Cidade de Deus]]'' ou que polo menos coñecese a obra<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 35.</ref>. En [[415]], Agostiño encargoulle a Orosio unha tarefa que só podía realizar alguén da súa confianza: viaxar a Palestina para atoparse con [[Xerome de Estridón]]<ref name=":0">{{Cita web|url=http://www.saavedrafajardo.org/CentroDocumDiazAbad.aspx?letra=O&autor=OROSIOPaulo&idAutor=1737003|páxina-web=Biblioteca Saavedra Fajardo de pensamiento político hispánico|título=OROSIO, Paulo|data-acceso=08-08-2017}}</ref>, un teólogo co que as relacións non eran boas, e que vivía coma monxe en [[Belén]].
 
==== Viaxes a Palestina ====
A viaxe a Palestina respondía a un dobre motivo: o interese de Orosio, que quería tratar con Xerome diferentes temas teolóxicos (en especial o relacionado coa orixe da [[alma]]) e o interese de Agostiño, que lle encargara estreitar lazos con el e solicitarlle información sobre a [[Pelaxianismo|herexía pelaxianista]]<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 39.</ref>.
 
De feito, en 415, ao que se instalou en [[Belén]] xunto a Xerome, Paulo Orosio entrevistouse co propio [[Pelaxio]], e participou no [[sínodo]] que se celebrou en xuño do [[415]] polo apoio do bispo de Xerusalén [[Xoán II de Xerusalén|Xoán II]] a [[Pelaxio]]. Nel, Orosio leu a condena que se realizara no [[sínodo de Cartago]] no [[411]] e leu os escritos de Agostiño contra o [[pelaxianismo]] sen conseguir que se condenara a Pelaxio. Por mor deste enfrontamento escribiu o seu ''Liber Apologeticus''<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 42.</ref>.. Orosio envioulle cartas e legados ao papa [[Inocencio I]] e agardou ao [[sínodo de Dióspole]], que se celebrou a fins de ano e no que Pelaxio saíu absolto.
 
==== Últimos anos ====
O [[26 de decembro]] de [[415]] acháronse as reliquias de [[Estevo (mártir)|santo Estevo]] e a Orosio encargáronlle levar unhas poucas a Bracara Augusta<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 43.</ref>. Con todo, antes tiña que pasar por Hipona, pois levaba escritos de Xerome para Agostiño, e tamén hai constancia de que pasou por Xerusalén e por [[Alexandría]], aínda que isto último non se sabe se o fixo á ida, á volta ou en ambas as ocasións<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 45.</ref>.
 
* Unha terceira teoría xa clásica, sostida por T. von Mörner e G. Fainck, fala de que Osorio realizara xa un traballo previo antes de viaxar a Palestina, e que o retomou e rematou ao seu regreso.
 
==== Desaparición ====
 
Tras a publicación das ''Historiae'', non hai apenas información sobre Paulo Orosio. Sábese que estivo en [[Menorca]], pero descoñécese a data de falecemento. Esta ausencia de referencias a Orosio puido deberse a un distanciamento con Agostiño, quen non fai ningunha referencia clara ás ''Historiae'' de Orosio despois de seren publicadas. [[Xenadio de Marsella]] di que o autor chegou, polo menos, ata a fin do mandato do emperador [[Flavio Honorio]], que se prolongou ata [[423]], pero non hai ningunha noticia de Orosio desde 417<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 57</ref>. Existen máis posibilidades, desde unha posible morte repentina ata unha sorte de lenda que fala de que Orosio finalmente chegou a [[Hispania]], fundou un mosteiro preto do [[cabo de Palos]] e terminou alí as súas ideas, algo que neste momento parece pouco probable.
 
=== Obra ===
==== Commonitorium e Liber Apologeticus ====
 
[[Ficheiro:Sandro Botticelli 050.jpg|miniatura|250px|O ''Commonitorium'' e as ''Historiae'' responderon, polo menos en orixe, á influencia directa que [[Agostiño de Hipona]] exerceu sobre Orosio.]]Aínda que o escrito máis importante de Paulo Orosio foi a ''Historiae Adversus Pagáns'', tamén hai que ter en conta as outras dúas obras que se conservan do autor, coñecidas xeralmente como ''Commonitorium'' e ''Liber Apologeticus''<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p. 18.</ref>.
Respecto ao segundo libro, o seu nome completo é ''Liber apologeticus contra Pelagium de arbitrii libertate''. Esta obra hai que enmarcala na participación de Paulo Orosio no concilio rexional de Xerusalén de 415 onde se produciu un gran debate teolóxico, e onde o bispo [[Xoán II de Xerusalén|Xoán II]] acusou a Orosio de herexe por soster que o home non podía permanecer libre de [[pecado]] nin con auxilio divino. Para defenderse de tales acusacións, Orosio redactou a súa ''Liber Apologeticus'', onde expón os motivos polos que participou no sínodo (fora convidado por [[Xerome de Estridón]]) e rexeita a acusación de [[herexía]]<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985.</ref>.
 
==== Historiae adversus paganos ====
[[File:Historiae adversus paganos.tif|thumb|''Historiae adversus paganos'', 1561]]
 
Na súa concepción da historia, Orosio seguiu a filosofía agostiña. Redactou unha crónica das calamidades, pretendendo probar que as desgrazas que ocorrían no seu tempo non se debían ao [[cristianismo]], como afirmaba [[Simaco]], senón que antes del houbera catástrofes peores, e foi a primeira tentativa de escribir unha [[historia do mundo]] guiada por [[Deus]]. Ainda que non é valorada como fonte de carácter histórico, tivo un enorme éxito durante a [[Idade Media]] como manual de historia<ref name=":0" />, con máis de 240 manuscritos coñecidos e traducións ao [[lingua saxoa|saxón]] e ao [[Lingua árabe|árabe]]. En relación aos [[suevos]] a postura de Orosio foi ben diferente da de [[Hidacio]], xa que para Orosio a chegada dos suevos a [[Gallaecia]] fora a época de máis felicidade desde a creación do mundo.
 
=== Interpretación ===
==== Universalismo e localismo ====
O carácter universalista da obra de Orosio quizá sexa o matiz máis destacable, e nel coinciden todo tipo de autores, desde clásicos como [[Menéndez y Pelayo]] ata o moderno Torres Rodríguez<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985. p.75</ref>. A súa obra sinálase como a primeira obra de historia universal de índole cristiá (ou a última do universalismo clásico, se se prefire)<ref>ALONSO NÚÑEZ, José Miguel, 'La metodología histórica de Paulo Orosio', in ''Helmántica'', 136-138:1994, p. 373.</ref>.
 
Outra característica importante da obra histórica orosiana é o [[localismo]]. Torres Rodríguez fala de "patriotismo" no sentido de que Orosio fai especial fincapé nos feitos que ocorren en Hispania. Pon exemplos respecto diso con narracións de acontecementos nas ''Historiae'', como os ocorridos en Bracara ou no feito de que fose o propio Orosio o encargado de trasladar as reliquias de santo Estevo<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985. p.77</ref>. García Fernández,pola contra, sinala como esaxerada a cualificación de "patriótica" e rexeita practicamente todas as afirmacións que fai Torres Rodríguez. Seguindo esa liña, máis ca hispanismo sinala unha "actitude benévola" fronte ao indíxena hispano<ref>GARCÍA FERNÁNDEZ, Francisco José. 'La imagen de Hispania y los hispanos a finales de la Antigüedad. Las Historiae Adversum Paganos de Paulo Orosio'. In ''Conimbriga, 44:2005.</ref>.
 
==== Optimismo ou pesimismo ====
Un punto de interese máis é o [[pesimismo]] co que Orosio trata determinados temas e o esaxerado [[optimismo]] co que se refire a outros. En liñas xerais é pesimista respecto de todo o pagán/pasado e optimista respecto de todo o cristián/presente. Esta característica impregna todas as demais, en especial en canto a que ao longo da súa narración fai especial fincapé no sufrimento dos vencidos. Así, o pasado preséntase como unha cadea de infortunios con exemplos concretos, desde o [[dioivo universal]] ata os naufraxios de barcos no [[mar Mediterráneo]], e o futuro como algo optimista a pesar da realidade que viviu.
 
Para levar a narración nunha liña de sufrimento e traxedia fíxase en numerosas ocasións nos derrotados, algo que choca coa historiografía romana, que adoita dar preeminencia aos vitoriosos. Porén, para tratar de conmover o lector e levalo ao seu rego Orosio ás veces utiliza [[mito]]s e [[lenda]]s coma se fosen feitos histórico<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985. p.66</ref>. Esta dualidade pesimismo/optimismo leva a Orosio a ofrecer unha narración que en moitos compases carece de sentido crítico.
 
==== Narrativa ====
O autor ten un obxectivo claro: defender os cristiáns das acusacións dos romanos pagáns, que os acusan de que a chegada dos xermanos é un castigo por deixar de lado ao panteón de deuses clásico. Con ese obxectivo, os recursos narrativos que utiliza Orosio van máis aló do pesimismo/optimismo, e canaliza o seu argumento a través da idea fundamental de que o pasado é peor có presente, simplemente por estar afastado da verdadeira relixión.
 
Este obxectivo lévao a executar cada un dos seus relatos cun fin concreto, e hai sucesos que se narran de xeito especialmente breve e outros que se presentan con todo luxo de detalles. Doutra banda, o feito de que a súa obra teña unha intención moral e apoloxética fai que se centre en sucesos pouco habituais, como as miserias da guerra sobre a poboación<ref>ALONSO NÚÑEZ, José Miguel, 'La metodología histórica de Paulo Orosio', in ''Helmántica'', 136-138:1994.</ref>.
 
==== Importancia da xeografía ====
Paulo Orosio concédelle unha gran importancia á [[xeografía]] no seu labor como historiador, en particular no segundo capítulo do primeiro dos sete libros que compoñen as ''Historiae''. A pesar de que a descrición xeográfica conta con algunhas imprecisións, como o emprego excesivo do substantivo «[[Cáucaso]]» para referirse a outras cordilleiras á marxe desta, é destacable o feito mesmo de que inclúa un capítulo xeográfico, o que contribuíu á súa valorización na historiografía moderna<ref name="ReferenceA"/>.
 
=== Repercusión ===
 
[[Ficheiro:Historias de Orosio - Colofón.jpg|miniatura|175px|Colofón dun incunable da ''Historiae adversus paganos'' de Paulo Orosio, un dos libros máis copiados do Medievo.]]Tomando por certo o suposto distanciamento entre Paulo Orosio e Agostiño de Hipona nos treitos finais da vida do primeiro, isto non tivo que producirse por mor das ''Historias'', e en calquera caso non afectou a súa distribución e repercusión.<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p. 80</ref>. Desde a súa confección, e ata o [[Renacemento]], a obra de Orosio foi tomada como unha das principais obras da historiografía hispana, e o éxito fixo en boa medida que se conservasen os outros dous escritos do autor.
50.970

edicións