Diferenzas entre revisións de «Aérospatiale SA 315B Lama»

m
(amplio de en.wiki)
O [[17 de marzo]] de [[1969]] o primeiro SA 315B, equipado cun motor Artouste IIB, realizou o seu primeiro voo.<ref name="The Mountain King" /> O [[30 de setembro]] de [[1970]] o tipo obtivo o seu certificado de aeronavegabilidade e entrou en servizo en xullo de [[1971]]. Debido ao seu bo rendemento a alta altitude, o Lama fíxose rapidamente popular con operadores de todo o mundo, sebdo frecuentemente despregado en ambientes montañosos.<ref name="The Mountain King" /> Ao igual que a serie Alouette, o modelo podía realizar varios roles, como transporte lixeiro de pasaxeiros, tarefas agrícolas, exploración de gas e petróleo, ou loita antiincendios. Entre as tarefas das variantes militares do Lama estaba o enlace, observación, fotografía, rescate, transporte e ambulancia. O SA315B é particularmente axeitado para áreas montañosas debido ao seu rendemento e pode transportar cargas de ata 1 000 kg. En decembro de [[1976]] 68 operadores pediran un total de 191 unidades.<ref>{{cite web|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1976/1976%20-%202792.html|title=SA.315B Lama|publisher=FlightGlobal|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref>
 
Un bo número de SA 315B Lama foi fabricado baixo licenza na [[India]] por [[Hindustan Aeronautics Limited]] (HAL) co nome Cheetah. Despois de tres décadas dende o incioinicio da produción na India, HAL aínda recibía pedidos para exportar o Cheetah orixinal. Xunto co Alouette III, o Cheetah foi un produto clave para HAL; a experiencia fabricando este modelo axudou posteriormente ao desenvolvemento de helicópteros avanzados propios como o [[HAL Dhruv]].<ref>Kjelgaard 1982, pp. 1772-1773</ref> Durante os anos 90 HAL desenvolveu un helicóptero de ataque lixeiro baseado no Cheetah, bautizado como Lancer.<ref>{{cite web|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/high-hopes-195244/|title=High hopes|publisher=FlightGlobal|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref>
 
En [[2006]] HAL propuxo unha variante modernizada para o Exército da India designada como Cheetal. O principal cambio foi a adopción dun moderno e máis potente motor Turbomeca TM 333-2M2 no lugar do Artouste. Outras melloras son novos avisos de advertencia, un gravador de voces de cabina, sistema de monitorización de voo, horizonte artificial, e eectrónicas modernizadas. Ese ano a Forza Aérea da India ordeonou 10 Cheetal.<ref>{{cite web|url=http://hal-india.co.in/Product_Details.aspx?Mkey=54&lKey=&CKey=27|title=Cheetal|publisher=HAL|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref><ref name="Cheetal">{{cite web|url=https://www.ainonline.com/aviation-news/defense/2013-03-01/hals-cheetal-meets-indian-armys-urgent-needs|title=HAL’s Cheetal Meets Indian Army’s Urgent Needs|publisher=AINonline|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref> En febreiro de [[2013]] anunciouse que os exércitos da India e do [[Nepal]] asinaran un contrato duns 55 millóns de dólares para a adquisición urxente doutros 20 Cheetal.<ref name="Cheetal" /><ref>{{cite web|url=http://www.business-standard.com/article/pti-stories/army-hal-sign-rs-300-cr-deal-for-20-cheetal-choppers-113022100744_1.html|title=Army, HAL sign Rs 300 cr deal for 20 Cheetal choppers|publisher=Business Standard|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref>
61.762

edicións