Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Viascos (conversa | contribucións)
actualizo dato
Liña 59:
Pertencente á [[Unión Europea]] dende o [[1 de xaneiro]] de [[1995]], é o terceiro estado membro máis grande dela e o quinto de [[Europa]], que xunto cunha poboación de pouco máis de nove millóns de habitantes, supón unha das menores densidades de poboación do mundo. Con todo a meirande parte dos suecos vive na parte sur do país, vivindo ademais o 85% deles en zonas urbanas. A capital é [[Estocolmo]], sendo ademais a cidade máis poboada, chegando aos dous millóns de habitantes na súa [[área metropolitana]]. As dúas seguintes cidades máis poboadas son [[Gotemburgo]] e [[Malmö]].
 
Os habitantes de Suecia gozan dun alto nivel de vida, e é un país xeralmente percibido como moderno e liberal. A conservación da natureza, protección dos [[ecosistema]]s e a eficacia enerxética son polo xeral prioridade na formulación de políticas e contan con acollida por parte da poboación sueca en xeral. Suecia ten sido durante moito tempo un importante exportador de [[ferro]], [[cobre]] e [[madeira]], ademais na década de [[1890]], a escolarización universal e a industrialización permitiron ao país desenvolver unha grande industria manufactureira. No [[século XX]] foi clasificada constantemente entre os países con mellor [[Índice de Desenvolvemento Humano]], ocupando en [[20072017]] o [[Lista de países por Índice de Desenvolvemento Humano|sétimo posto]] a nivel mundial.
 
== Etimoloxía ==