Curtis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
Liña 256:
{{Cita| “ ''in terminis de Guarguiane de voce de villa de Covas et de Quintanas per viam que unde de faro per Villarulu, et inde Sancta Eulalia de Curtis, et inde quomodo vadit ad montem de Enara''” | Tombo I fol 79 v. de Sobrado.}}
 
Na zona, contigua á Ciadella, hai tamén outra parroquia con igual topónimo: [[San Vicenzo de Curtis, Vilasantar|San Vicenzo de Curtis]] (no concello de [[Vilasantar]]). En 1873 coa chegada do ferrocarril a Curtis e Teixeiro publicouse un mapa no que aparecen citadas as dúas estacións, e ''Osbodeus'' ([[Bodeus, Santa María de Lurdes, Curtis|Bodeus]]). A corporación municipal o 17 de agosto de 1957 fixou o nome do lugar como Curtis-Estación. Xa a finais do século XX foiisefoise impoñendo por uso a forma Curtis, sen ''Estación''. O 19 de setembro de 1983 a asociación de veciños de Curtis pediu a segregación. En xullo de 1998 o concello de Curtis puxo nos accesos ao lugar carteis co nome da parroquia: Concello de Curtis, ''Lourdes''. Os veciños percorreron os camiños modificando os carteis colocando sobre o texto ''Lourdes'' o nome de Curtis<ref>{{cita libro|apelidos=Mariño Sanmartín|nome=Andrés|título=Memoria gráfica de Curtis: fondo fotográfico de la Asociación Amigos de Curtis "Os Quenllos"|ano=2010|editor=Asociación Amigos de Curtis "Os Quenllos"|páxina=255|lingua=castelán}}</ref>. No ano 2000 a Xunta de Galicia coa Lei 3/1983 de Normalización Lingüística publicou no [[Diario Oficial de Galicia]] o 11 de abril como nome oficial ''A Estación'', sen Curtis. Tres meses despois por xestións do Concello, a Comisión de Toponimia revisou e publicou no DOG o topónimo oficial como Curtis sen máis engadidos<ref>{{cita web|apelidos=Rodríguez|nome=Nuria|título=Simplemente Curtis|url=http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/08/02/simplemente-curtis/308734.html|editor=[[La Opinión (A Coruña)]]|data=2 de agosto de 2009}}</ref>.
[[Ficheiro:Gallaecia petrea 02-26a.JPG|miniatura|esquerda|Estela funeraria (S. I-V).<br>Inscrición: "D[iis] M[amibus] S[acrum] / Iulio Seve / riano. Anno[rum] / XLVII memo / riam posuit / coniugi karissimo Pl / acidia Lupa / defuncto in valle Minei" (Consagración aos deuses romanos. Placidia Loba puxo este recordo en honor do seu queridísimo esposo, Xulio Severiano, morto aos 47 anos de idade no val do Miño).<br> San Vicente de Fisteus (Curtis, A Coruña), exposto no [[Museo da Catedral de Santiago de Compostela]].]]