Lingua flamenga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 34:
A [[Guerra de Flandres|guerra dos Oitenta Anos]] (1568-1648) provocou a división das [[Dezasete Provincias]] nas [[Provincias Unidas]] ó norte e os Países Baixos do Sur ó sur. Esta separación política entre as provincias neerlandófonas provocou que en cada zona a lingua sufrise unha evolución con algunhas singularidades.
 
A hexemonía das provincias de Flandres no sur e de Holanda no norte deu lugar a que, de maneira algo informal, usásese o termo '''''flamengo''''' para distinguir as peculiaridades do sur e '''''holandés''''' para as do norte, aínda que ambos deben ser considerados dous dos principais [[Lingua neerlandesa|dialectos do neerlandés]].
 
Ademais, cada cidade, vila e aldea ten a súa propia fala, case sempre en progresivo declive.<ref>Nos últimos anos, as autoridades están interesadas en manter o legado das linguas locais e nalgunhas cidades danse cursos do dialecto local. Este interese é máis salientable en Flandres occidental, a área con máis singularidades.</ref> O conxunto de todos os dialectos falados na rexión de Flandres sería o que se adoita chamar ''lingua flamenga''.