Vicente Rojo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
orto
Liña 31:
Trala caída de [[Cataluña]], en febreiro de [[1939]], pasou a [[Francia]] e logo dunha breve estancia neste país o [[Servizo de Emigración dos Republicanos Españois]] (SERE) abooulle a pasaxe para trasladarse a [[Bos Aires, Arxentina|Bos Aires]] ([[Arxentina]]). Pouco tempo despois o goberno de [[Bolivia]] ofreceulle a posibilidade de que organizase e dirixise a cátedra de Historia Militar e Arte da Guerra na súa Escola de Estado Maior, tarefa esta que desenvolveu entre [[1943]] e [[1945]], séndolle recoñecido o seu emprego de xeneral do Exército español e condecorado co máximo galardón.
 
En febreiro de [[1957]] regresou a España, grazas ás xestións dun xesuíta que coñeceu durante a súa estadía en Bolivia e avalado tamén polo bispo de Cochabamba, antigo capelán [[castrense]] ás ordes de Rojo. Aínda que ao principio non foi molestado polas autoridades franquistas, o [[16 de xullo]] de 1957 o ''Xulgado Especial para os Delitos de Espionaxe e Comunismo'' comunícalle que é procesado polo delito de ''rebelión militar'', na súa calidade de ex-comandante do Exército, paradoxalmente polo feito de non rebelarse contra o goberno lexítimo da República. Ao parecer a súa volta non gustara a certos sectores militares, polo que [[Francisco Franco|Franco]] tivo que resolver a situación dun xeito salomónico: Rojo sería condenado e despois indultado. O [[18 de xaneiro]] de 1958 recibe a sentenza de cadea perpetua, interdiccióninterdición civil e inhabilitación absoluta. Coa sentencia recibiu o indulto condicional a calquera reincidencia. Rojo comenta: "Se me ha reducido a la muerte civil".
 
Escribiu varios libros, onde se recollen as súas experiencias militares na guerra civil, así publicou ''¡Alerta los pueblos!'' (1939), ''¡España heroica!'' (1961) e ''Así fue la defensa de Madrid'' (1967).