Guillermo Rojo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m modelo biografía
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
|nome=Guillermo Rojo {{Medalla|Galicia}}
{{Biografía}}
}}
'''Guillermo Rojo Sánchez''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[29 de marzo]] de [[1947]], é un lingüista [[Galicia|galego]]. Na súa mocidade formou parte do colectivo musical [[Voces Ceibes]].
 
== Traxectoria ==
=== Voces Ceibes ===
Estudante de [[Filoloxía Románica]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], a súa etapa universitaria coincide coas mobilizacións estudantís compostelás de abril de [[1968]]. Nese contexto, Guillermo Rojo participará no que será considerado o acto fundacional da [[Nova Canción Galega]], o recital na Facultade de Medicina o [[26 de abril]] de [[1968]]. Diante dunhas 2000 persoas, e acompañado de [[Benedicto García Villar|Benedicto]], [[Xavier del Valle|Xavier]], [[Xerardo Moscoso]], e [[Vicente Araguas]], Guillermo Rojo interpreta as cancións ''Quen tivera vinte anos'', ''Tirade ao chan os fusiles'', ''A vós irmáns'' e ''Señor, eu fun poeta''. Deste xeito fica vencellado ao grupo que uns días despois conformará o colectivo [[Voces Ceibes]], e participa tamén do seu concerto máis importante, o [[1 de decembro]] do mesmo [[1968]] no cine Capitol de [[Santiago de Compostela|Compostela]]. Guillermo Rojo é un dos membros do colectivo que gravará un traballo discográfico coa casa barcelonesa [[Edigsa]], un [[EP]] de catro temas baixo o nome de “Guillermo”. Malia isto, abandonará o colectivo xunto coa carreira musical no ano [[1970]].
 
=== Carreira como Lingüista ===
Formado na escola de [[Emilio Alarcos]], Guillermo Rojo é especialista en [[Sintaxe|teoría sintáctica]] do [[lingua española|español]] e experto en Lingüística Informática. Dende [[1970]] imparte clases na [[Universidade de Santiago de Compostela]], sendo catedrático de Lingua Española na mesma dende [[1981]].