Pobo hutu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m -mente
Furado (conversa | contribucións)
m Desfago ambigüidade nos Grandes Lagos
Liña 1:
'''Hutu''' é o nome dado a un dos tres grupos étnicos que ocupan [[Burundi]] e [[Ruanda]]. Os hutu son o maior grupo dos tres. O 90% dos ruandeses e o 85% dos burundeses son hutu. Culturalmente trátase dunha división artificial, baseada máis na clase social que na etnicidade, dado que non hai diferencias lingüísticas ou culturales entre os hutu e os demais grupos étnicos da zona, principalmente os [[tutsi]]. Historicamente, porén, había diferencias físicas, principalmente na altura media. Os hutu e os tutsi comparten a mesma relixión e linguaxe (son católicos e de idioma [[bantú]]). Algúns estudosos sinalan tamén o importante papel que teñen os colonizadores belgas en crear a idea dunha raza hutu e unha raza [[tutsi]].
 
Os hutu chegaron á rexión dos [[Grandes Lagos Africanos|Grandes Lagos]] ao redor do [[século I]] d.C., desprazando aos [[Twa]]. Os hutu dominaron a zona cunha serie de pequenos reinos ata o [[século XV]]. Crese que nesa época entraron os [[tutsi]] na zona dende [[Etiopía]] e conquistaron aos hutu. A monarquía tutsi sobrevivíu ata o fin da era colonial nos anos cincuenta, usando e codificando os gobernantes belgas a división étnica para apoiar o seu dominio. A monarquía tutsi caíu cedo e a zona foi dividida en [[Ruanda]] e [[Burundi]] en [[1962]]. Os tutsi, porén, permañeceron dominantes en [[Burundi]] mentres que os hutu gañaron un certo grao de control en [[Ruanda]].
 
[[Category:Burundi]]