República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Stamps_of_Germany_(DDR)_1975,_MiNr_2106.jpg" que foi borrado en Commons por Jcb. Motivo:
Liña 45:
 
A [[Conferencia de Potsdam]], celebrada uns meses despois, entre [[xullo]] e [[agosto]] de [[1945]], recoñeceu as zonas e confirmou a xurisdición da Administración Militar Soviética en Alemaña (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Sowjetische Militäradministration in Deutschland, SMAD'') dende os [[río Oder|ríos Oder]] e [[río Neisee|Neisse]] até a liña de demarcación. A zona de ocupación soviética incluíu os antigos estados de [[Brandeburgo]], [[Mecklemburgo-Antepomerania]], [[Saxonia]], [[Saxonia-Anhalt]] e [[Turinxia]]. A cidade de [[Berlín]] foi colocada baixo o control do catro poderes.
 
[[Ficheiro:Stamps of Germany (DDR) 1975, MiNr 2106.jpg|miniatura|220px|Wilhelm Pieck, primeiro presidente da RDA.]]
As crecentes diferenzas económicas combinábanse co desenvolvemento de tensións políticas entre [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] (que culminaría no desenvolvemento da [[guerra fría]]) e manifestáronse no rexeitamento do SMAD en [[1947]] de participar no [[Plan Marshall]] norteamericano. En [[marzo]] de [[1948]], Estados Unidos, [[Reino Unido]] e [[Francia]] reuníronse en [[Londres]] e acordaron unir as zonas occidentais para establecer unha [[Alemaña Occidental|República alemá occidental]]. A Unión Soviética respondeu abandonando o Consello de Control Aliado e preparándose para crear un Estado alemán oriental. A división de Alemaña fíxose clara coa reforma monetaria introducida o [[20 de xuño]] de [[1948]], que se limitaba ás zonas occidentais. Tres días despois era introducida unha reforma diferenciada na zona soviética. A introdución do [[marco alemán]] nos sectores occidentais de Berlín contra o desexo do comandante supremo soviético, levou á Unión Soviética a impor o Bloqueo de Berlín nunha tentativa de gañar o control do conxunto de Berlín. Os aliados occidentais decidiron aprovisionar a cidade cunha ponte aérea, que duraría once meses, ata que a Unión Soviética abandonou o bloqueo o [[12 de maio]] de [[1949]].