Ulrica Leonor de Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
{{en uso}}
{{biografía}}
'''Ulrica Leonor de Suecia''' (en sueco: ''Ulrika Eleonora''), nada en [[Estocolmo]] o [[23 de febreiro]] de [[1688]] e finada na mesma cidade o [[24 de novembro]] de [[1741]], foi a raíña de [[Suecia]] dende o [[30 de novembro]] de [[1718]] ao [[29 de febreiro]] de [[1720]], e dende ese momento ata a súa morte, raíña consorte. Era tamén duquesa de Bremen e princesa de Verden (1718-1719) aínda que estes territorios estaban ocupados polos daneses dende 1712. Foi a filla máis nova do rei sueco [[Carlos XI de Suecia|Carlos XI]] e de [[Ulrica Leonor de Dinamarca]]. Contraeu matrimonio co príncipe [[Federico I de Suecia|Federico de Hesse-Kassel]] o 24 de marzo de 1715, mais non tivo fillos.<ref name="Ulrika">Holst, Walfrid. ''Ulrika Eleonora d. y. Karl XII's syster'' Wahlström & Widstrand, Stockholm 1956</ref>
 
Por mor da morte do seu irmán [[Carlos XII de Suecia|Carlos XII]] o 30 de novembro de 1718, producíronse unha serie de discusións sobre a sucesión, as cales se resolveron no seu favor despois de que ela aceptase abolir a [[Absolutismo|monarquía absoluta.]]. O seu goberno foi débil, dependente da [[aristocracia]] e sobre todo do seu marido, circunstancia que a levou a depor a coroa tras pouco máis dun ano de reinado.
 
== De princesa a rexenteTraxectoria ==
=== De princesa a rexente ===
Ulrica Leonor naceu o 23 de xaneiro de 1688 no [[castelo de Estocolmo]], filla do matrimonio de [[Carlos XI de Suecia|Carlos XI]] e Ulrica Leonor de Dinamarca. Foi chamada así en honra á súa nai. Durante a súa infancia foi relegada a un segundo plano, opacada pola súa irmá máis vella [[Eduvixes Sofía de Suecia|Eduvixes Sofía]], quen tiña maiores calidades intelectuais.
 
Liña 14 ⟶ 15:
A finais de 1712 ou comezos de 1713 o rei considerou designar a Ulrica Leonor como rexente, pero nunca o levou a cabo. O consello real convenceu a princesa de asistir ás súas asembleas. En 1713, algúns membros do consello propuxeron que Ulrica Leonor fose nomeada vicerraíña en ausencia do rei e como a máis próxima herdeira da coroa. Ante o parlamento, a princesa mostrou aptitudes políticas e grande interese polos asuntos do Estado. A partir de entón, comezou a gobernar ''de facto'' como rexenta, e asinaba a maioría dos escritos do parlamento.
 
=== Raíña de Suecia ===
O 5 de decembro de 1718, Ulrica Leonor desubriu a morte do seu irmán o rei, e deseguido, nunha asemblea do parlamento, foi elevada a raíña, por ser ela a máis próxima na sucesión real. O consello non estivo de acordo, e preferiu levar a cabo unha elección para decidir cal sería o próximo rei de [[Suecia|Suecia.]]. O rival de Ulrica Leonor foi o seu sobriño, o fillo de Eduvixes Sofía, [[Carlos Federico de Holstein-Gottorp]].<ref name="ReferenceA">Jacobson, Esther, Hedvig Taube: en bok om en svensk kunglig mätress, Wahlström & Widstrand, Stockholm, 1919</ref> Ulrica Leonor contou coa aprobación do consello de guerra, grazas ás xestións que realizou o seu marido [[Federico I de Suecia|Federico de Hesse]]. O consello logrou arrincar de Ulrica Leonor a renuncia aos seus dereitos hereditarios, de modo que se convertería nunha raíña electa e non por herdanza. Así a princesa renunciaba tamén ao [[absolutismo]], pasando gran parte do seu poder á aristocracia. Foi elixida raíña o 23 de xaneiro de 1719 e a coroación levouse a cabo en [[Uppsala|Upsala]] o 17 de marzo dese mesmo ano.
 
Aínda que non era brillante, como raíña Ulrica Leonor mostrou un carácter resolto, meticuloso e con sentido da xustiza; pero do mesmo xeito que o seu irmán, era obstinada e deixábase levar polas paixóns. Entrou en conflito co home máis destacado do consello, o [[chanceler]] [[Arvid Horn]], quen tivo que deixar o seu posto. Tampouco puido pórse de acordo cos sucesores de Horn, o que motivou cambios sucesivos na chancelería, e efectos negativos na administración da guerra e as negociacións de paz.
Liña 21 ⟶ 22:
Dende que foi electa como raíña, Ulrica Leonor pretendeu reinar de maneira conxunta co seu marido, o príncipe Federico, de maneira similar ao reinado en [[Inglaterra]] de [[Guillerme III de Inglaterra|Guillerme III]] e [[María II de Inglaterra|María II]], mais recibiu o rexeitamento da nobreza. Para entón, Federico aumentara a súa influencia na raíña e nos asuntos do [[Estado]] e achegouse aos homes máis poderosos do reino, quen axiña consideraron un cambio no trono.
 
A raíña escribiu ao parlamento para pedirlle autorización de cogobernar con Federico, proposta que foi rexeitada. Nunha nova carta, o 29 de febreiro de 1720, notificou o seu desexo de abdicar en favor do seu home, coa condición de que, en caso da morte deste, ela asumise novamente a súa dignidade de raíña reinante.<ref name="Lundh-Eriksson, Nanna 1976">Lundh-Eriksson, Nanna (Swedish): ''Den glömda drottningen. Karl XII:s syster. Ulrika Eleonora D.Y. och hennes tid'' (The Forgotten Queen. The Sister of Charles XII. The Age of Ulrika Eleonora the Younger) Affärstryckeriet, Norrtälje. (1976)</ref> O 24 de marzo de 1720 Federico de Hesse foi ascendido a rei e a partir de entón Ulrica Leonor foi a raíña consorte.
 
=== Raíña consorte ===
Aínda que Ulrica Leonor demostrase interese polos asuntos públicos, despois da súa abdicación en 1720 afastouse por completo deles. Dedicou a súa vida á lectura e ás obras de beneficencia e a cultivar amizades, principalmente do seu mesmo xénero. Ocupouse brevemente do goberno en dúas ocasións: durante a viaxe ao estranxeiro que realizou [[Federico I de Suecia|Federico]] en 1731 e cando este enfermou en 1738. Foi [[landgrave]] consorte de [[Hesse-Kassel]] dende 1730, pero nunca visitou ese país. O matrimonio nunca tivo fillos; o rei, en cambio, atopou unha amante na aristócrata [[Hedvig Taube]], coa que procreou fillos ilexítimos.
 
Liña 33 ⟶ 34:
</div>
<div style="display:none;" class="NavContent">
<center>{{ahnentafel-compact5|1. '''Ulrica Leonor de Suecia'''|2. [[Carlos XI de Suecia]]|3. [[Ulrica Leonor de Dinamarca]]|4. [[Carlos X Gustavo de Suecia]]|5. [[EduvigesEduvixes Leonor de Holstein-Gottorp]]|6. [[Federico III de Dinamarca]]|7. [[Sofía Amalia de Brunswick-Luneburgo]]|8. Conde Palatino [[Juan Casimiro de Zweibrücken-Kleeburg]]|9. [[CatalinaCatarina Vasa|CatalinaCatarina de Suecia]]|10. Duque [[Federico III de Holstein-Gottorp]]|11. [[María Isabel de SajoniaSaxonia]]|12. [[Cristián IV de Dinamarca]]|13. [[Ana CatalinaCatarina de Brandeburgo]]|14. Duque [[JorgeXurxo de Brunswick-Luneburgo]]|15. [[Ana Leonor de Hesse-Darmstadt]]|16. Conde Palatino [[JuanXoán I de Zweibrücken]]|17. [[Magdalena de Jülich-Cléveris-Berg]]|18. [[Carlos IX de Suecia]]|19. [[María deldo Palatinado|Ana María deldo Palatinado-Simmern]]|20. Duque [[JuanXoán Adolfo de Holstein-Gottorp]]|21. [[Augusta de Dinamarca]]|22. Elector [[JuanXoán JorgeXurxo I de Sajonia]]|23. [[Magdalena Sibila de Prusia]]|24. [[Federico II de Dinamarca]]|25. [[Sofía de Mecklemburgo-Güstrow]]|26. Elector [[JoaquínXoaquín Federico de Brandeburgo]]|27. [[CatalinaCatarina de Brandeburgo-Küstrin]]|28. Duque [[GuillermoGuillerme de Brunswick-Luneburgo]]|29. [[Dorotea de Dinamarca]]|30. Landgrave [[LuisLuís V de Hesse-Darmstadt]]|31. [[Magdalena de Brandeburgo]]|style=font-size: 90%; line-height: 110%;|border=1|boxstyle=padding-top: 0; padding-bottom: 0;|boxstyle_1=background-color: #fcc;|boxstyle_2=background-color: #fb9;|boxstyle_3=background-color: #ffc;|boxstyle_4=background-color: #bfc;|boxstyle_5=background-color: #9fe;}}</center>
</div></div>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
[[Categoría:Finados en 1741]]
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* Hofberg, Herman et al. (1906). ''[http://runeberg.org/sbh/dubeneme.html Svenskt Biografiskt Handlexikon]''. Entry for Düben, Emerentia von. {{sv}}
* [[Nordisk familjebok]]. B. 30. Stockholm (1920) {{sv}}
* Tryggve Byström (1981). Svenska komedien 1737-1754. (Swedish Comedy 1737-1754) Borås: Centraltryckeriet AB. {{ISBN|91-1-813241-3}} {{sv}}
 
{{Barra portal|Suecia|Historia|Muller}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en Estocolmo]]
[[Categoría:Reis de Suecia]]
[[Categoría:Nados en 1688]]
[[Categoría:Finados en 1741]]
[[Categoría:Raíñas consortes de Suecia]]