Lois Tobío Fernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 31:
=== A República ===
[[Ficheiro:Anteproyeito de Estatuto da Galiza, 1931.pdf|miniatura|''Anteproyeito de Estatuto da Galiza'' (1931), íntegro en [[pdf]].]]
Trala proclamación da [[Segunda República Española|República]] o [[14 de abril]] de [[1931]], a sección do seminario que coordinaba Tobío propuxo redactar un ''Anteproyeito de Estatuto da Galiza'', que deu pé ao ''[[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936]]''. O grupo de traballo formárono [[Alexandre Bóveda]], [[Ricardo Carvalho Calero]], [[Valentín Paz-Andrade]], [[Vicente Risco]] e o propio Tobío. Tobío e Carvalho foron os encargados de redactalo, e publicouse o [[6 de maio]] de [[1931]], aínda que non foi a proposta aceptada finalmente. No inverno seguinte marcha a Madrid a preparar o doutoramento e coincidiu na capital española cos deputados [[Galeguismo (política)|galeguistas]] [[Castelao]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]] e [[Antón Villar Ponte|Villar Ponte]]. Precisamente o [[6 de decembro]] de [[1931]] cando se funda en [[Pontevedra]] o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Tobío non asistiu por estar en Madrid, pero ingresou axiña nel e pasou a ser membro do seu Consello Executivo.
 
En [[1932]], logo duns meses en Galicia, trasladouse a Madrid para preparar oposicións a inspector de traballo e á carreira diplomática, e aprobou estas segundas. Ingresou no [[diplomacia|corpo diplomático]] en febreiro de [[1933]] e realizou diversos cursos e viaxes por países europeos, ata que se incorporou en decembro como secretario na embaixada española en [[Bulgaria]].