Valentín Paz-Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 61:
En [[1930]] funda e preside o Grupo Autonomista Galego, en Vigo, á vez que intensifica a súa actividade política en prol do [[Galeguismo (política)|galeguismo]], da man de Castelao, [[Otero Pedrayo]], [[Ramón Cabanillas]] e outros.<ref name=culturagalega/> En marzo ten lugar o [[Pacto de Lestrobe]].<ref>Alonso de los Ríos, César e outros, [http://books.google.es/books?id=rZIt56tNnJoC&pg=PA179&lpg=PA179&dq=lestrobe+OR+lestrove+%22Valent%C3%ADn+Paz+Andrade%22&source=bl&ots=nEeo5464zy&sig=44MX3Dh-OmIcxdzK9rFY_0NrK8I&hl=es&sa=X&ei=W-tsT7ibKaHX0QX-gMHuBg&ved=0CC4Q6AEwAA#v=onepage&q=lestrobe%20OR%20lestrove%20%22Valent%C3%ADn%20Paz%20Andrade%22&f=false ''Boletín de la Unidad de Estudios Biograficos''] [[Universitat de Barcelona]], 1998 {{es}}.</ref> Nese mesmo ano, o 3 de setembro, morre o seu tío Xoán Bautista Andrade. O día 25 do mesmo mes participa no [[Compromiso de Barrantes]].
[[Ficheiro:Detención dun dos autores do atentado a Paz Andrade.jpg|dereita|250px|Detención dun dos autores do atentado a Paz Andrade.]]
Foi candidato ás [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|Cortes Constituíntes de 1931]], con Castelao e Cabanillas, pero non saíu elixido por escasa marxe.<ref>"''Con todo, se non se roubasen as actas de Lalín, Paz Andrade sairía elixido''" ([[Gran Enciclopedia Galega]]).</ref> Colaborou con outros membros do [[Seminario de Estudos Galegos]] na redacción dun ''dos anteproxectos non non considerados para o [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936#Proxectos de Estatuto|Anteproyeito de Estatuto da GalizaGalicia]]'' que se presentou en maio dese mesmo ano<ref>''Exposizón presentada pol-a poñenza encarregada de redactar o Anteproyeito de Estatuto da Galiza''.</ref> e publicou diversos artigos políticos en ''[[El Pueblo Gallego]]''. En decembro constitúese formalmente o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], en Pontevedra, e resulta nomeado [[conselleiro]].
 
O [[22 de novembro]] de [[1932]] foi vítima dun [[atentado]] cando saía, acompañado de [[Ramiro Illa Couto]], dun café na rúa de [[Fermín Galán]], hoxe rúa do Príncipe, de Vigo. Daquela Paz-Andrade mediaba representando a patronal nunha [[folga]] de mariñeiros do [[sindicato]] de Industria Pesqueira de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]]-Vigo (pertencente á [[CNT]]) contra os armadores da industria ''La Marítima'' polos buques por parellas. No atentado recibiu cinco disparos de bala, con feridas no pescozo e nun [[parietal]], quedando un dos proxectís aloxado nunha [[clavícula]] de por vida. Foi operado en dúas ocasións no sanatorio Troncoso.<br/>