Diferenzas entre revisións de «Zona especial de conservación»

m
sen resumo de edición
m
m
As '''zonas especiais de conservación (ZEC)''' son, segundo a Directiva de Hábitats (92/43/EEC), espazos naturais con interese de conservación polos seus [[hábitat]]s e [[especie]]s de interese ou en risco e que declara a [[Comisión Europea]]. Protexen a máis de 220 hábitats e máis de 1000 especies catalogadas nos anexos I ou II da directiva.<ref name="dir_habitats" /><ref name="dir_habitat_intro" />
 
As zonas especiais de conservacións son espazos naturais escollidos polos estados membros da [[Unión Europea]] dentro das candidaturas de '''[[Lugar de importancia comunitaria|lugares de importancia comunitaria]] (LIC)''' que propuxeron os estados membros. Unha vez declarados, correspóndelle aos estados aplicar as medidas de conservación e protección dos hábitats.
 
As ZEC, e igual que as zonas [[Zona de especial protección para as aves|ZEPA]]s para aves, están dentro da [[Rede Natura 2000]] e poden complementar a outras [[espazos naturais protexidos|áreas protexidas]] dentro das redes de conservación de cada estado membro. As ZEC forman parte doutro compromiso de "áreas de especial interese de conservación" da [[Rede Esmeralda]] dentro da [[Convención relativa á conservación da vida silvestre e do medio natural de Europa|Convención de Berna]]: "Convención de conservación da vida salvaxe e hábitats naturais".
19.591

edicións