Iurii Lotman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 9:
Incapaz de lograr un posto académico en Leningrado debido ao [[antisemitismo]] (non puido entrar nun programa de doutoramento), Lotman foi a [[Estonia]] en 1950 e dende 1954 comezou o seu traballo como profesor universitario no Departamento de literatura e [[lingua rusa]] da Universidade de Tartu e máis tarde converteuse en xefe do departamento.
 
Nos principios da década de 1960, Lotman estableceu contactos académicos cun grupo de lingüistas estruturalistas de Moscova, e convidounos na primeira escola de verán en Sistemas de Modelaxe Secundario, que tiveron lugar en [[Kääriku]] entre o 19 e o 29 agosto 1964.<ref>{{Cita libro|url=http://mobile.dspace.ut.ee/handle/10062/17420|title=Программа и тезисы докладов в летней школе по вторичным моделирующим системам : 19-29 авг. 1964 г. [Programme and proceedings of the summer school on secondary modeling systems: 19-29 August 1964]|last=|first=|publisher=Tartu University|year=1964|isbn=|editor-last=Lotman|editor-first=Yuri|location=Tartu|pages=}}{{Ligazón morta|data=outubro de 2018 }}</ref> O grupo reuniuse na primeira escola de verán desenvolvida máis adiante no que agora se coñece como a Escola de Semiótica de Tartu–Moscova. Entre os participantes da escola de verán, e outros membros máis tardíos da escola, estaban nomes como [[Boris Uspensky]], [[Vjačeslav Ivanov]], [[Vladimir Toporov]], [[Mikhail Gasparov]], [[Alexander Piatigorsky]], [[Isaak I. Revzin]] e [[Georgii Lesskis]]. Por mor do seu traballo colectivo, estableceron un encadramento teórico ao redor da [[semiótica da cultura]].
 
Esta escola é amplamente coñecido pola súa revista ''Sign Systems Studies'' publicadas pola Prensa Universitaria de Tartu (antigamente en ruso "Труды по знаковым системам"), que continúa a ser a revista de semiótica máis antiga do mundo, establecida en 1964. Lotman estudou a [[teoría de cultura]], literatura rusa, historia, [[semiótica]] e semioloxía (teorías xerais de signos e sistemas de signos), semiótca do cinema, artes, literatura, robótica etc. Neses campos, Lotman foi un dos autores máis citados. O seu estudo principal sobre literatura rusa dedicouno a [[Alexander Pushkin|Pushkin]]; entre os seus traballos máis influentes en semiótica e estruturalismo están «Semiotics of Cinema», «Analysis of the Poetic Text» e «The Structure of the Artistic Text». En 1984, Lotman acuñou o vocábulo [[semiosfera]].