Clorofila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
 
==Estrutura química==
A estrutura da molécula de clorofila ten dúas partes: un anel de ''[[porfirina]]'' substituída (con pequenos grupos ligados, ''substituíntes'') e unha cadea longa chamada ''[[fitol]]''.
 
O anel de porfirina é un [[tetrapirrol]], con catro aneis pentagonais de [[pirrol]] ligados para formar un anel maior que é a porfirina. A [[hemoglobina]] do sangue e outras proteínas conteñen tamén unha porfirina, que nesoutro caso constitúe o principal dun grupo ''[[hemo]]''; e tamén se encontra porfirina na estrutura da vitamina B<sub>12</sub>. O grupo hemo contén un átomo de ferro ('''Fe'''); a porfirina da clorofila leva en lugar equivalente un átomo de magnesio ('''Mg'''). A absorción de determinados picos do espectro de radiación (ver gráfica de máis abaixo) é unha propiedade daquelas moléculas orgánicas que conteñen dobres enlaces conxugados (dobres enlaces alternando con enlaces simples); pode verse nas fórmulas desenvolvidas contiguas que o anel porfirínico é rico en tales enlaces.