Moeda da Antiga Roma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engádese nota.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste de ligazón interna.
Liña 240:
 
== Autoridade para a cuñaxe ==
Durante o Imperio Romano había unha división na autoridade para cuñar moedas de certos [[Metal|metais]]. Aínda que se permitía a numerosas autoridades locais a cuñaxe de pezas de bronce, non se autorizaba a ningunha delas a fabricación de moedas de prata nin de ouro.<ref>Gonzalbes, M.; [[Pere Pau Ripollès Alegre|Ripollès, P. P.]] "[https://www.uv.es/ripolles/Web_PP/Tema-3.htm La fabricación de moneda en la Antigüedad]". Universidade de Valencia.</ref>
 
Sobre a autoridade para a emisión de moeda, escribiu [[Dión Casio]]: "Non se debería permitir a ningunha das cidades teren a súa propia moeda nin sistema de pesos e medidas; deberíaselles esixir a todas que utilizasen as nosas".
 
Só a propia cidade de Roma se reservaba o dereito da cuñaxe de moedas de [[Metal precioso|metais preciosos]], tanto durante a República como durante os primeiros séculos do Imperio. Algunhas provincias, no entanto, cuñaron moedas de prata, pero con denominacións locais, destinadas a satisfacer necesidades locais.<ref>[[Pere Pau Ripollès Alegre|RipollésRipollès Alegre, Pere Pau]]. ''Las acuñaciones provinciales romanas de Hispania''<nowiki/>'. Real Academia de la Historia. Madrid, 2010.</ref> A emisión de moedas de bronce pódese considerar de pouco interese para o Goberno central de Roma, xa que os gastos do Estado eran elevados e podían pagarse máis doadamente con moedas de alto valor. Sábese que durante o século I cun ás podía pagarse unha libra de [[pan]] ou unha [[xerra]] de [[viño]] barato (ou, consonte as inscricións en paredes de [[Pompeia]], os servizos dunha [[Prostitución|prostituta]] barata). A importancia e a necesidade para a poboación de denominacións máis pequenas compróbase nas numerosas imitacións de moedas de bronce a nome de [[Claudio]] que, aínda que posiblemente non autorizadas por Roma, de facto foron toleradas e cuñáronse en grandes cantidades. Con esta moeda máis miúda pagábase tamén ao [[exército]] e ao [[Funcionario|funcionariado]].<ref>"[https://web.archive.org/web/20130210071801/http://dougsmith.ancients.info/worth.html Buying Power of Ancient Coins]". En Ancient Greek & Roman Coins.</ref>
 
== A moeda romana en Galicia ==