Antoine de Saint-Exupéry: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
[[Ficheiro:Antoine de Saint-Exupéry.jpg|dereita|miniatura|Antoine de Saint-Exupéry no [[Canadá]], 1942.]]
 
'''Antoine de Saint-Exupéry''', nado en [[Lión]] o [[29 de xuño]] de [[1900]] e finado no [[mar Mediterráneo]] o [[31 de xullo]] de [[1944]], foi un [[escritor]], ilustrador e [[Piloto|aviador]] [[Francia|francés]], autor dod' ''[[O Principiño|principiño]]''. Nado no seo dunha familia nobre de [[Lión]], estudou na [[Universidade de Freiburg im Üechtland|Universidade de Friburgo]]. Como aviador participou en grandes conflitos bélicos como a [[Guerraguerra Civilcivil española]] (do bando republicano) ou a [[segunda guerra mundial]] (do bando aliado).
 
== Traxectoria ==
Liña 18:
Comezou traballando en [[Aéropostale]] entre [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[Francia]], e [[Dakar]], [[Senegal]], mentres escribía o seu primeiro libro, ''L'Aviateur'' (O Aviador). En [[1928]] publicou ''Courrier-Sud'' e voou a ruta que vai de [[Casablanca]] a Dakar. En [[1931]], ''Vol de Nuit'' (Voo Nocturno), que recibiu o [[Prix Femina]], foi publicado. Continuou escribindo e voando (en [[África]] e [[Sudamérica]]) ata o comezo da guerra. Piloto de Latecoere, "A Liña", como lle chamaban familiarmente, precursora de [[Air France]], estivo anos baixo as ordes de Didier Daurat, admirado xefe ao cal lle adicou unha das súas obras. Terra de homes, Piloto de guerra e Ciudadela foron outras obras famosas súas, e o feito de que a última quedase inconclusa, non lle resta valor como verdadeira obra mestra.
 
Durante a [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]] escapou á cidade de [[Nova York]], pero volvería pouco máis tarde para voar xunto ás forzas aliadas nun escuadrón instalado na área do [[mar Mediterráneo]]. Á idade de 43 anos atopábase disposto a abandonar a aviación, pero a súa aeronave de recoñecemento, un [[Lockheed Lightning P-38]] (coñecido tamén como F-5), estrelouse no [[Mar Mediterráneo]] no que foi a súa última misión. En [[1998]], un brazalete de prata foi atopado por un pescador ao leste da illa de Riou, preto do lugar da desaparición na costa de [[Marsella]] e identificado como pertencente a Saint-Exupéry: estaba gravado cos nomes da súa esposa e os seus editores, Reynal & Hitchcock, e estaba enganchado a unha peza de tea do seu traxe de piloto. En [[abril]] de [[2004]] o Departamento de Investigacións Arqueolóxicas Submarinas francés confirmou que os restos do avión extraídos en [[outubro]] de [[2003]] da zona onde se atopou o brazalete pertencían ao avión de Saint-Exupéry. A esta conclusión chegouse logo de comprobar que o número de matrícula dos restos corresponden co do escritor segundo os arquivos da USAF. En todo caso as circunstancias concretas do accidente seguen sen coñecerse.
 
Aínda que non sempre autobiográfico, o traballo de Saint-Exupéry foi inspirado en gran medida pola súa experiencia como piloto nos seus voos postais. Unha excepción é ''[[O principiño]]'' (''Le Petit Prince'' ([[O Principiño]]), o seu libro máis famoso, un relato poético ilustrado no cal el imaxínase varado no medio do deserto, onde coñece aoo principiño, un neno proveniente dun pequeno asteroide. De moitas formas, O Principiñoprincipiño é unha historia filosófica, con énfase na crítica social e o mundo adulto. A un asteroide (#2578) foille outorgado o nome de Saint-Exupéry en [[1975]] en honor ao seu recoñecemento mundial.
 
En [[1931]], Saint-Exupéry casou con [[Consuelo Suncin]] Sandoval de Gómez (falecida en [[1979]]), unha escritora e artista [[O Salvador|salvadoreña]] enviuvada dúas veces, que foi modelo para a "rosa temperamental" no Principiño.
 
=== Desaparición ===
O [[31 de xullo]] de [[1944]], durante unha misión de recoñecemento destinada a preparar o desembarco en [[Provenza]], no sur de [[Francia]], Saint-Exupéry a bordo do avión ''Lightning P38'', partira poucas horas antes de [[Borgo]], na illa de [[Córsega]], cando os radares deixaron de ver o avión que pilotaba e nunca máis se soubo del, cubrindo para sempre ao escritor e piloto dun halo de misterio e romanticismo.
 
Nunca se tivo indicios do aviador nin da súa nave ata [[1998]], cando un pescador atopou unha pulseira a beiras do mar. A alfaia que a auga achegara á costa de [[Marsella]] tiña gravado o nome do escritor, pero a súa autenticidade quedou en dúbida.