Cangas, Foz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
alúmina > alumina
XoseBot (conversa | contribucións)
m -mente
Liña 5:
A parroquia de '''San Pedro de Cangas''' está situada no extremo Noroccidental do concello de Foz, nunha zona limitada ó Sur pola parroquia de Cordido deste mesmo concello, polo Leste pola parroquia de Nois (concello de Foz), polo Norte polo Mar Cantábrico e polo Oeste polo concello de [[Burela]]. O territorio parroquial sitúase no val inferior do [[río Moucide]], que cruza a parroquia en sentido Norte-Sur ata a súa desembocadura no [[Mar Cantábrico|Cantábrico]] na zona denominada Riosmar. As maiores altitudes acádanse na zona Occidental, no límite con Burela, onde se acadan alturas de ata 460 m. no denominado Pico do Pelobrinco, nunha zona onde os Montes do Buio acadan a zona costeira á altura da [[praia da Areoura]].
 
Aínda que situada no concello de [[Foz]], a vida socioeconómica da súa poboación está moi ligada á cercana vila de [[Burela]], no concello homónimo, da que dista tan só uns 3 quilómetros (8 da capital municipal de Foz). As tradicionais ocupacións agrogandeiras deron paso nos últimos anos a unha base económica máis diversificada, estando moitos dos seus habitantes empregados no sector terciario (básicamentebasicamente no comercio e nos equipamentos administrativos existentes nas cercanas poboacións de Burela e Foz) ou no sector industrial, principalmente na fábrica de [[alumina]] e [[aluminio]] que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao.Tamén é importante, aínda que cada vez menor, o número dos seus habitantes que está enrolado nos barcos pesqueiros con base no porto de Burela.