Karate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 6 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 151:
Unha última hipótese é a das entidades que usan o sufixo '''kan''' ({{lang|ja|館}}: edificio, casa), que poden ser un estilo ou unha simple liñaxe derivada. Moitas veces, orixínanse como tributos a mestres moi graduados e, algunhas veces, acaban transformándose en estilos propiamente ditos, como foi o caso do estilo Shotokan, que tamén é derivado do estilo Shorin.
 
No comezo do século XX, había en Okinawa xa unha variedade de estilos de karate, que xurdiron cando os discípulos dos últimos mestres ligados á caste dos peichin (Itosu, Matsumora, Higaonna etc.) comezaron a recibir alumnos independente das súas orixes. Isto foi efecto das mudanzas feitas polo mestre Itosu, que integrou o karate no sistema educativo de Okinawa. Había, aínda de informalmente, os ''dojo'' dos mestres Kenwa Mabuni, Chojun Miyagi, Gichin Funakoshi, entre outros.<ref>{{cita web|url=http://www.londonkarate.org.uk/history.html|lingua=inglés|dataacceso=4 de decembro de 2014|título=History of Karate|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141010042850/http://www.londonkarate.org.uk/history.html|dataarquivo=10 de outubro de 2014|urlmorta=si}}</ref>
 
Naquel momento, a despeito de haber distinguidas escolas, nas cales ensinaban os respectivos mestres segundo súa propia visión e obxectivos, non se podía dicir que non existía unidade do karate, pois os alumnos e os mestres frecuentaban ás veces as escolas uns dos outros. Esta situación mudou efectivamente a partir do fin da década de 1930, cando a [[Butoku-kai]] demandou que varias entidades que ensinaban karate se rexistraran, co propósito de obteren recoñecemento oficial do goberno do país.<ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://judoinfo.com/karateranks.htm|dataacceso=4 de decembro de 2014|título=How the masters got their ranks: the origins of karate ranks}}</ref>