Constantino XI: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Constantino foi o oitavo dos dez fillos de [[Manuel II Paleólogo|Manuel II]] e [[Helena Dragas]] a filla do príncipe [[serbio]], [[Constantino de Serres]]. A Constantino gustáballe ser coñecido polo apelido da súa nai, Dragas (serbio Dragaš) Dragases, o cal ela herdou do seu pai serbio. Pasou a maior parte da súa infancia en Constantinopla baixo a supervisión dos seus pais. Constantino converteuse no [[Títulos e cargos do Imperio bizantino|déspota]] de [[Morea]] (o nome medieval do [[Peloponeso]]) en [[1443]], a cal gobernaba desde o seu palacio en [[Mistra]]. Casou dúas veces: a primeira vez o [[1 de xullo]] de [[1428]] con [[Magdalena Tocco]], a sobriña do gobernante [[Italia|italiano]] de [[Epiro]], quen con todo morreu en novembro de [[1429]]; a segunda vez con [[Caterina Gattilusio]], filla do lordseñor [[Xénova|xenovés]] de [[Lesbos]], quen morreu en [[1442]]. Non tivo fillos con ningunha das dúas esposas.
 
Cando o seu irmán, o emperador [[Xoán VIII Paleólogo]] morreu, brotou unha disputa entre Constantino e o seu irmán Demetrio sobre o trono. Apelaron entón ao sultán [[Imperio Otomán|otomán]] [[Murad II]] para que arbitrase na controversia. O sultán elixiu a Constantino, quen foi coroado en Mistra o [[6 de xaneiro]] de [[1449]]. Constantino intentou casar cunha curmá afastada, a viúva de [[Murad II]], pero a relación non prosperou. De inmediato, o sultán [[Mahomet II]] comezou a facer presión pola posesión de Constantinopla. Desesperado por algún tipo de asistencia militar, Constantino apelou a [[Occidente]], pero lle negaron calquera axuda a menos que unise a [[Igrexa ortodoxa]] coa [[Igrexa católica]]. Constantino declarou unidas as igrexas en [[1452]], pero esta unión foi abrumadoramente rexeitada polos seus súbditos e foi causa de inimizade co seu primeiro ministro e comandante militar o megaduque (Gran Duque) [[Lucas Notases]].