Diferenzas entre revisións de «Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain»

Ligazón externa.
(Axustes nas categorías.)
(Ligazón externa.)
Esta obra, elaborada ao longo dunha década polo [[bibliotecario]] e [[investigador]] do [[Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia|Gabinete de Medallas]] da [[Biblioteca Nacional de Francia]], é un catálogo de moedas imperiais romanas inventariadas na súa época, que abrangue desde [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] ata [[Rómulo Augústulo]].<ref>Saliot, M. "[https://www.inha.fr/fr/ressources/publications/publications-numeriques/dictionnaire-critique-des-historiens-de-l-art/cohen-henry.html Cohen, Henry]". En ''Dictionaire critique des historiens de l'art''. Institut National d'Histoire de l'Art.</ref>
 
Desde o momento da súa publicación converteuse na referencia dos estudos de numismática dese período, durante a fin do [[século XIX]] e unha parte do [[século XX]], cando se viu desprazada por unha nova obra magna, en 13 volumes, titulada ''[[The Roman Imperial Coinage]]'', publicada entre [[1923]] e [[1994]]. Esta obra, que abrangue desde a [[Batalla de Accio]] ([[-31|31]] a. de C.) ata a [[Antigüidade tardía]] ([[491]] [[Anno Domini|d. de C.]]), aínda tomando como punto de partida a de Cohen, supuxo un [[Metodoloxía|avance metodolóxico]], xa que, Mentres Cohen clasificara as moedas por [[Lista de emperadores romanos|emperador]], e despois por [[orde alfabética]] da [[Epigrafía|lenda]], sen indicación ningunha dos obradoiros monetarios, na nova obra, iniciada por Mattingly e Sutherland, se daba para cada emperador unha clasificación cronolóxica das pezas ordenadas por obradoiro monetario e por serie de emisión.<ref>Zehnacker, H (1985). "[http://www.persee.fr/doc/numi_0484-8942_1985_num_6_27_1881_t1_0229_0000_4 С. H. V. Sutherland, The Roman Imperial Coinage, Volume I, Revised edition, From 31 ВС to AD 69]". En ''Revue numismatique''. Vol. 6. Nº 27. Páxinas 229-231.</ref>
 
== Estrutura da obra e edicións ==
19.424

edicións