Diferenzas entre revisións de «Astiaxes»

m
-mente
m (robot Añadido: zh:阿斯提阿格斯)
m (-mente)
Segundo Heródoto, Harpago estivo procurando a ocasión para se vingar da atrocidade cometida por Astiaxes. Cando Ciro acadara xa certa idade, Harpago deu feito para convencelo de que os medos estaban a piques de se rebelar contra o seu rei, do que dicían que se convertera nun déspota. Ciro organizou unha alianza de dez tribos persas e rebelouse. En resposta Astiaxes armou aos medos, e cegado pola divina providencia, elixiu a Harpago para ser o comandante do seu exército. Desde logo, Harpago non dubidou en cambiar de aliados en canto puido. Durante a batalla, que foi librada segundo unha fonte máis tardía, [[Estrabón]] de Amasia, en [[Pasargada]], os medos aliñáronse cos persas. O exército unificado marchou á capital [[Ecbatana]] e tomou a Astiaxes, quen foi feito preso por Ciro.
 
ProbábelmenteProbabelmente a primeira parte da historia de Ciro é un conto inventado para explicar a realidade histórica que é a segunda parte: Astiaxes foi traizoado. Podemos atopar o mesmo desenlace na [[Crónica de Nabónido]], onde se relata que Ciro tomou ouro, prata e todo o botín que puido levándoo para [[Anshan]].
 
É posíbel que, no fondo, a causa máis forte que provocou a rebelión fose a insatisfacción coa política de Astiaxes. No [[século -VI]], as tribos [[Irán|iranianas]] foron asentándose cada vez máis, e os seus líderes xa non eran xefes tribais "primeiros entre iguais", senón que empezaron a comportarse como reis auténticos. Cando Astiaxes empezou a castigar a algún dos outros xefes tribais, a revolta foi inevitábel.
61.374

edicións