Esqueleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Ortopedia: precolombiana
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Na cultura popular: +trad. ca.wiki
Liña 185:
|contido=Os cirurxiáns aborixes de [[Australia]] meridional levan varios séculos enfundado as pernas e os brazos rotos en arxila branda que despois se endurece. O descubrimento da escaiola non os sorprendeu.<ref name="smu01"/>}}
O home paleolítico cando tiña un membro fracturado, inmobilizábao dunha maneira instintiva. Moi pronto se concibiu a posibilidade de obter unha inmovilización mellor e con ela un alivio máis completo, utilizando unha férula rudimentaria cos elementos que estaban ó seu alcance. O uso da inmovilización así obtida, proxectouse na historia como un procedemento xeral. Na [[Idade de Ferro]] xa se atopan as primeiras evidencias de [[cirurxía]] ósea. Un procedemento cirúrxico practicado case universalmente entre as razas primitivas, foi a [[trepanación]], inspirada na crenza da posesión dos ''espíritos malignos'', para a expulsión era necesario perforar o lateral do cranio. En moitos países atopáronse cranios neolíticos con orificios de trepanación nos que a formación de óso novo demostra que os pacientes sobrevivían á operación. En Suíza, en Polonia, en Dinamarca, en Suecia, en Francia e na América precolombiana, entre os incas, os mayas , etc.<ref name="smu01"/>
 
Nalgúns murais do [[Antigo Exipto]], obsérvanse figuras de ananos acondroplásicos nos que a proporción entre o tronco e os membros permite distinguilos facilmente das outras formas de [[ananismo]]. No papiro de Ewing Smith (escrito no 1600 aC, e baseado, segundo parece, en obras aínda máis antigas) describe 48 casos, todos típicos e ordenados, empezando polas lesións da cabeza. Indicando como se reducían as luxacións da mandíbula, exactamente do mesmo xeito que o fai a medicina moderna. As fracturas de clavícula, brazo e pescozo, descríbense minuciosamente. O primeiro dato que se ten da existencia das muletas atopouse no portal da tumba de Kirkouf, construída no 2800 aC.<ref name="smu01"/>
 
En [[Grecia Clásica|Grecia]], a actividade cirúrxica remóntase cronoloxicamente até os mitos homéricos, e é en Grecia onde o médico empezou a pensar en termos médicos, contrariamente a outros países onde a medicina confundíase coa relixión. No século III antes de Cristo, os anatomistas de Alexandría, entre os cales hai que lembrar a [[Herófilo]], contribuíron por primeira vez ó mellor coñecemento da [[anatomía]] a través das [[disección|diseccións]]. Pero o máis importante de tódolos textos gregos, é un grupo extraordinario de libros escritos en varios intervalos, entre o século IV aC C., e o século I, e coñecido na historia co home do médico ó cal foron atribuídos: ''Corpus Hipocraticus''. É o primeiro tratado de medicina que ten base científica sólida. O diagnóstico e o tratamento das fracturas atopouse en dous dos libros mencionados: ''Das fracturas e as articulacións''. Con moi poucas excepcións, os métodos de tratamento chegaban a un nivel superior. Recoñecíase o significado dos síntomas cunha notable agudeza, prescribíanse métodos de tracción para reducir a fractura dos ósos longos, describíanse vendaxes e férulas cos seus diferentes usos, mesturas de substancias xelatinosas que se usaban para reforzar as vendaxes.<ref name="smu01"/>
 
== Na cultura popular ==