Aristocracia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
XoseBot (conversa | contribucións)
m -mente
Liña 7:
... da verdade e dun claro sistema ético. Para Aristóteles, a aristocracia era distinta á [[monarquía]], goberno dun só, e á [[democracia]], goberno do pobo. Na teoría aristotélica, os poucos exercen o poder en beneficio do todo. Cando non o fan así, a aristocracia convértese en oligarquía, goberno de facción. Máis aló do seu sentido orixinario, para gregos e romanos as aristocracias foron clases sociais ben definidas, que exercían o poder ou se empeñaban en manexalo detrás da escena.
 
É dicir que desde antigo identificouse o termo cun estrato social elevado e minoritario. Na Alta [[Idade Media]], as monarquías non daban lugar ao crecemento das aristocracias. Na medida en que se desenvolveron as cortes, os títulos nobiliarios habilitaron a novos aristócratas que influían decisivamente na política dos reinos. Na práctica, non houbo históricamentehistoricamente casos significativos de "goberno dos mellores" ou goberno de poucos, xa que formalmente o poder exercérono os reis ou, en éraa contemporánea, os representantes do pobo.
Tal vez só exceptuaron esta regra [[Venecia]] e [[Polonia]].