Esqueleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Na cultura popular: +trad. ca.wiki
Liña 174:
 
A diferenza doutros tecidos conectivos, a cartilaxe non contén vasos sanguíneos. Os condrocitos mantéñense por difusión, axudados pola acción de bombeo xerada pola compresión da cartilaxe articular ou a flexión da cartilaxe elástica. Por tanto, en comparación con outros tecidos conectivos, a cartilaxe crece e repárase máis lentamente.
 
== Ortopedia ==
{{Artigo principal|Traumatoloxía}}
A '''ortopedia''' e a '''traumatología''' é a especialidade [[medicina|médica]] que se ocupa do estudo, desenvolvemento, conservación e restablecemento da forma e da función das [[extremidade]]s, a [[columna vertebral]] e as súas estruturas asociadas, por medios médicos, [[cirurxía|cirúrxicos]] e físicos.
 
Existen evidencias de que as enfermidades óseas e accidentes relacionados con estes estám presentes desde os albores da humanidade, así, por exemplo, no fémur do [[home de Xava]] (''Pithecanthropus erectus''), durante moito tempo considerado como o fósil de espécime humano máis antigo, ten un osteocondroma benigno implantado na súa extremidade inferior e no cúbito do esqueleto do [[home de Neanderthal]] pode observarse unha fractura consolidada con moi boa posición dos fragmentos.<ref name="smu01">{{cita web|nome=José L|apelido=Bado|url=http://www.smu.org.uy/dpmc/hmed/historia/articulos/hist-ortopedia_bado1965.pdf|formato =PDF |título=Historia de la ortopedia|páxinas= p.2|lingua=castelán|dataacceso= 27 de febreiro de 2012}}</ref>
{{Recadro
|largo = 350px
|título = [[Ficheiro:Skull-Icon.svg|40px]] Traumatoloxía ancestral
|contido=Os cirurxiáns aborixes de [[Australia]] meridional levan varios séculos enfundado as pernas e os brazos rotos en arxila branda que despois se endurece. O descubrimento da escaiola non os conmoveu.<ref name="smu01"/>}}
O home paleolítico cando tiña un membro fracturado, inmobilizábao dunha maneira instintiva. Moi pronto se concibiu a posibilidade de obter unha inmovilización mellor e con ela un alivio máis completo, utilizando unha férula rudimentaria cos elementos que estaban ó seu alcance. O uso da inmovilización así obtida, proxectouse na historia como un procedemento xeral. Na [[Idade de Ferro]] xa se atopan as primeiras evidencias de [[cirurxía]] ósea. Un procedemento cirúrxico practicado case universalmente entre as razas primitivas, foi a [[trepanación]], inspirada na crenza da posesión dos ''espíritos malignos'', para a expulsión era necesario perforar o lateral do cranio. En moitos países atopáronse cranios neolíticos con orificios de trepanación nos que a formación de óso novo demostra que os pacientes sobrevivían á operación. En Suíza, en Polonia, en Dinamarca, en Suecia, en Francia e na América precolombina, entre os incas, os mayas , etc.<ref name="smu01"/>
 
== Na cultura popular ==