Esqueleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Na cultura popular: +trad. en.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Na cultura popular: +trad. en.wiki
Liña 165:
{{Artigo principal|Óso}}
Os ósos son ríxidos [[órgano]]s que forman parte do [[endoesqueleto ]] dos vertebrados. Funcionan para mover, apoiar e protexer os diversos órganos do corpo, producen [[Eritrocito|glóbulos vermellos]] e [[glóbulos brancos]] e almacenan minerais. O tecido óseo é un tipo de [[tecido conxuntivo]] denso. Os ósos teñen unha variedade de formas cunha estrutura interna e externa complexa, tamén son lixeiros, pero fortes e duros. Un dos tipos de tecido que forma o tecido óseo é [[tecido mineralizado]] e que é o que lle proporciona rixidez e unha estrutura interna tridimensional en forma de [[panal|cela de abella]]. Outros tipos de tecidos que se atopan nos ósos inclúen [[medula ósea|medula ósea]], [[endostio]] e [[periósteo]], [[nervio]]s, [[vaso sanguíneo]]s e [[cartilaxe]].
 
=== Cartilaxe ===
{{Artigo principal | Cartilaxe}}
 
Durante a [[embrioxénese]] o precursor do desenvolvemento óseo é a cartilaxe. Gran parte desta sustancia é substituída por óso durante o segundo e terceiro trimestre, despois de que a carne, como o músculo, se forme ó seu redor; formando o esqueleto. A cartilaxe é un [[tecido conectivo]] ríxido e inflexible que se atopa en moitas áreas do corpo dos humano e doutros animais, incluídas as articulacións entre os ósos, a [[caixa torácica]], a orella, o nariz, o cóbado e o xeonllo, o nocello, os [[bronquio]]s e [[Disco intervertebral|discos intervertebrais]]. Non é tan duro e ríxido como o óso, pero é máis ríxido e menos flexible que os [[músculo]]s.
 
A cartilaxe está composto por células especializadas chamadas condrocitos que producen unha gran cantidade de [[matriz extracelular]] composta por fibras de [[coláxeno]] Tipo II (excepto a fibrocartilaxe que tamén contén coláxeno de tipo I), abundantes [[substancia fundamental|substancias fundamentais]] ricas en [[proteoglicano]], e fibras de [[elastina]]. A cartilaxe clasifícase en tres tipos, [[cartilaxe elástica]], [[cartilaxe hialina]] e [[fibrocartilaxe]], que difiren nas cantidades relativas destes tres compoñentes principais.
 
A diferenza doutros tecidos conectivos, a cartilaxe non contén vasos sanguíneos. Os condrocitos mantéñense por difusión, axudados pola acción de bombeo xerada pola compresión da cartilaxe articular ou a flexión da cartilaxe elástica. Por tanto, en comparación con outros tecidos conectivos, a cartilaxe crece e repárase máis lentamente.
 
== Na cultura popular ==