Hugo Chávez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios, replaced: <br> → <br /> (2), antinatural → contranatural using AWB
en secreto > en segredo
Liña 33:
En 1982 fundou o [[Movimiento Bolivariano Revolucionario 200]] (MBR200), en alusión ó douscentos cabodano do nacemento de [[Simón Bolívar]], que se celebraría un ano máis tarde. O [[17 de decembro]] (día da morte de Bolívar) dese ano xura baixo o Samán de Güere, xunto con [[Felipe Acosta Carlez]], [[Jesús Urdaneta Hernández]] e [[Raúl Isaías Baduel]] reformar o Exército e iniciar unha loita para construír unha nova República. Este movemento estaba formado por oficiais de rango medio de ideoloxía [[Bolivarianismo|bolivariana]], mesturada con algunhas ideas de [[Simón Rodríguez]] e de [[Ezequiel Zamora]] ("A árbore das tres raíces"). Nesta época Hugo Chávez inicia unha relación sentimental e ideolóxica coa historiadora e socialista [[Herma Marksman]]. Igualmente mantén contactos con persoas da esquerda venezolana. En 1985 é destacado na vila de [[Elorza]], en [[estado Apure]]. En 1986 ascende a [[Maior]] e en 1988 é asignado Axudante do Secretario do Consello Nacional de Seguridade e Defensa, localizado no [[Pazo de Miraflores]]. En 1989 observa con estupor como miles de manifestantes son masacrados por forzas do Exército no [[Caracazo]].
 
En 1990 ascende a [[Tenente Coronel]] e inicia un [[Mestrado]] en [[Ciencias Políticas]] na [[Universidade Simón Bolívar]], estudos que non conclúe. En 1991 asume o mando da Brigada de Paracaidistas Coronel Antonio Nicolás Briceño con base en [[Maracay]]. Escribe, en secretosegredo, "Proyecto de Gobierno de Transición" e "Anteproyecto Nacional Simón Bolívar". A finais dese ano, os conxurados poñen data á sublevación: Principios do mes de febreiro.
 
== Rebelión de febreiro de 1992 ==