Reino de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Flag_of_the_Kingdom_of_Montenegro.svg" por "Flag_of_Montenegro_(1905–1918).svg" segundo o ordenou [[commons:User:Commons
en secreto > en segredo
Liña 78:
Tras o acordo comercial de 1881 con Austria-Hungría os dous países subscribiron unha convención secreta que converteu ao país practicamente nun protectorado austrohúngaro ({{data|28|6|1881}}).<ref name="vucinich172"/> O pacto tiña unha duración de 10 anos e foi renovado en [[1889]] antes da abdicación do rei Milan, aínda que en 1899 caducou.<ref name="vucinich172"/> Milan rubricouno convencido de que o futuro do seu país estaba unido ao do Imperio Austrohúngaro.<ref name="vucinich172"/> Tomada Bosnia polos austrohúngaros e con Rusia apoiando a Bulgaria, Serbia necesitaba o respaldo dunha gran potencia para expandirse cara a Macedonia.<ref name="jelavich187"/> Unha das cláusulas doi tratado con Austria obrigaba a Serbia a limitar a propaganda nacionalista en [[Bosnia e Hercegovina]],<ref name="jelavich187"/> recentemente ocupada polo Imperio, co consentimento ruso.<ref name="vucinich172"/> A cambio, os austrohúngaros comprometíanse a axudar a Milan contra as actividades dos seus rivais, os [[Karadjordjević]].<ref name="vucinich172"/> O Imperio tamén se prometía en axudar a Milan a coroarse como rei<ref name="jelavich187"/> e a non opoñerse á expansión de Serbia cara ao sur.<ref name="jelavich187"/><ref name="vucinich73">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], p. 73</ref> En contrapartida, Serbia debía someter os seus tratados con outras nacións ao consentimento austrohúngaro.<ref name="jelavich187"/><ref name="vucinich173">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], p. 173</ref> A alianza austro-serbia era a única alternativa para o país, que necesitaba o apoio dunha gran potencia nas súas relacións internacionais.<ref name="jelavich187"/>
 
O acordo foi xestionado practicamente polo rei e o goberno, ao coñecelo, dimitiu en protesta.<ref name="vucinich173"/><ref name="jelavich186"/> Oficialmente emendaríanse os artigos sobre a política exterior serbia, pero o soberano comprometeuse en secretosegredo a mantelos.<ref name="jelavich187"/><ref name="vucinich173"/> En marzo de [[1882]] o Estado converteuse en reino.<ref name="jelavich187"/>
 
En 1882 a quebra dunha compañía francesa coa que o Estado asinara un gran contrato co beneplácito austrohúngaro produciu un gran escándalo.<ref name="jelavich186">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 186</ref> Serbia comezou perdendo o equivalente aos seus ingresos anuais e a investigación sobre o contrato destapou a ampla corrupción nacional, que afectou ao propio monarca.<ref name="jelavich186"/> A pesar da axuda austrohúngara o desprestixio para o novo rei re os seus ministros foi enorme.<ref name="jelavich186"/>