Abrir o menú principal

Cambios

en secreto > en segredo
* [[Cristovo Colón]], á súa volta a [[España]], levou mostras de cacao aos [[Reis Católicos]]; con todo non ten éxito polo seu sabor amargo e picante e polo seu aspecto sucio.
* Aínda así [[Hernán Cortés]] -tamén consciente do valor do cacao entre os aztecas- decidiu levar consigo mostras á corte de [[Carlos I de España|Carlos I]] en 1528 de onde xorde a historia do chocolate en [[Europa]]. Cortés, ao probar a beberaxe preparada polos aztecas, describíraa así: "cando un o bebe, pode viaxar toda unha xornada sen cansar e sen ter necesidade de alimentarse". Ademais do valor alimentario tamén lle chamou a atención o valor monetario que lle daban os aztecas.
* As damas da realeza española reservábano para elas e tomábano a grolos en secretosegredo, condimentado con especias e ás veces con [[pementa]]. A bebida de chocolate foi popular cos relixiosos de [[México]], e cando regresaban a España trouxeron o cacao consigo para ter esa bebida. Co tempo introduciuse nos estratos máis altos da sociedade europea.
* A incorporación de [[azucre]] (e de especias como [[vainilla]] e [[canela]]) a esta bebida -podendo así denominarse ''chocolate'' cun sentido actual- é unha idea con orixe incerta: por unha banda sábese que en México ao redor de finais do século XVI grazas ao [[Galeón de Manila]] chegou a gran escala a canela procedente da illa de Ceilán ou [[Sri Lanka]] e está claro que a extensión por parte dos españois do cultivo da [[cana de azucre]] en América puido facilitar que fose alí onde se mesturasen ambos os produtos por primeira vez. Por outro lado, é recorrente a noticia de que iso só ocorreu ao chegar o cacao a [[Europa]]. En calquera caso, tal combinación asóciase case sempre á obra de membros de [[orde relixiosa|ordes relixiosas]]: as monxas dun convento de Oaxaca (México) que engadiron azucre ao cacao e o [[Mosteiro de Piedra]], en [[Zaragoza]], son os dous lugares, en América e Europa respectivamente, que parecen ser os primeiros en poñeren en práctica esa combinación.
* Había, polo demais, algúns desacordos entre as altas esferas eclesiásticas polo suposto poder excitante que xeraba en quen o tomaba. Por exemplo, o [[bispo]] de [[Chiapas]] tivo que prohibir o seu consumo dentro do recinto da igrexa porque as damas españolas para facer máis levadeiros os minuciosos sermóns, facíanse servir chocolate polos seus criados e bebíano durante a cerimonia. Este feito irritou ao prelado, quen ameazou con excomungalas se seguían con esa práctica.
9.275

edicións