Camiño de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
historia
en secreto > en segredo
Liña 43:
A partir do século XVI, a peregrinación a Santiago comezou un importante declive, no que interviron as novas circunstancias políticas e relixiosas imperantes en Europa, especialmente a expansión da [[Reforma protestante]] a partir de [[1517]], coa que desapareceron os peregrinos procedentes de [[Inglaterra]], [[Alemaña]] e [[Países Baixos|Holanda]]. Noutra orde de cousas, a posibilidade de redimir as penas con diñeiro fai que desaparezan tamén os peregrinos que facían o Camiño por ese motivo, e xorde paralelamente un desprestixio da imaxe do peregrino, que comeza a verse como un desocupado que sobrevive das esmolas.
 
Tamén tivo que influír decisivamente o feito da ''desaparición'' das reliquias do Apóstolo en [[1589]], cando o arcebispo [[Juan de Sanclemente]] agochou o sepulcro como medida de cautela ante o inminente ataque do pirata [[Francis Drake]]. Por algunha razón, o lugar onde as pousou quedou en secretosegredo e, co paso dos anos, as reliquias déronse por perdidas.
 
Ó irse reducindo o número de peregrinos e, con eles, as achegas económicas que puideran facer nas vilas que percorrían, os gobernantes da época deixaron de crear e manter camiños, pontes e hospitais, dado que a transcendencia económica e social do Camiño deixou de interesar. O declive foi continuo durante os séculos XVII e XVIII ata case desaparecer no XIX, século no que reapareceron os restos do Apóstolo, en [[1879]], e foron autentificados polo papa [[León XIII, papa|León XIII]] en [[1884]]. Isto permitiu unha certa recuperación pero que non foi significativa ata que a mediados do século XX, iniciativas particulares, primeiro, e oficiais, despois, conseguiron revitalizar o Camiño ata o auxe que actualmente experimenta, especialmente desde 1993.