Cetáceos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
máis de es:cetáceos
Etiqueta: edición de código 2017
Máis de en:cetacea
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 28:
En [[1988]], Rice recoñecía 83 especies e 42 subespecies. Posteriormente houbo un consenso ao considerar tres, e non unha, especies de [[Eubalaena|balea franca]], pasando a ser consideradas un total de 85 especies, reducíndose o número de subespecies a 41<ref name=IUCN>{{cita libro |título=2002–2010 Conservation Action Plan for the World’s Cetaceans. Dolphins, Whales and Porpoises |apelidos1=Reeves |nome1=Randall R. |apelidos2=Smith |nome2=Brian D. |apelidos3=Crespo |nome3=Enrique A. |apelidos4=di Sciara|nome4=Giuseppe Notarbartolo |editor=[[Unión Internacional para a Conservación da Natureza|IUCN]]/SSC Cetacean Specialist Group |isbn=2-8317-0656-4 |ano=2003 |url=https://web.archive.org/web/20070714012628/http://iucn.org/dbtw-wpd/edocs/2003-009.pdf |formato=PDF |dataacceso=17 de outubro de 2018 |lingua=en}}</ref>{{rp|5}}. Case todas as especies son animais mariños, que inclúen [[balea]]s, [[cachalote]]s, [[candorca]]s, [[golfiño]]s, [[arroaz|arroaces]], [[toniña]]s etc., agás 7 especies de [[golfiños de auga doce]]<ref name=IUCN/>{{rp|8}}, se ben un destes últimos, o [[Lipotes vexillifer|baiji]], está declarado formalmente [[Extinción|extinto]]<ref>{{cita novas |título=Declaran "extinto" al delfín chino |editor=[[British Broadcasting Corporation|BBC]] Mundo |url=http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/science/newsid_6175000/6175727.stm |data=13/12/2006 |dataacceso=17 de outubro de 2018 |lingua=es}}</ref>. Todas estas especies agrúpanse en dúas [[Orde (bioloxía)|subordes]], o dos [[misticetos]] e o dos [[odontocetos]]. Unha terceira suborde extinta, os [[arqueocetos]], son os antepasados das modernas baleas.
 
Entre os misticetos están os animais vulgarmente chamados [[Balaenidae|baleas]], os máis grandes do mundo; concretamente, a [[Balaenoptera musculus|balena azul]] é o animal máis grande que xamais existiu na [[Terra]], mesmo maior cos renomeados [[Dinosauria|dinosaurios]]. Aínda que o termo ''balea'' debe reservarse ós integrantes da familia ''Balaenidae'', úsase tamén para referirse a outras especies non pertencentes á familia dos [[balénidos]] e incluso tamén para cetáceos con dentes, como é o caso da denominación de ''balea asasina'' para a [[candorca]] (que nin é balea nin é asasina), de ''balea de esperma'' para o [[cachalote]] ou de ''balea piloto'' para o [[caldeirón]].
 
Na suborde dos odontocetos están os golfiños e as candorcas, con frecuencia criados en catividade e adestrados para serviren de espectáculo, práctica non exenta de polémica que moita xente reclama sexa erradicada, como se fixo en [[Francia]]<ref>{{cita novas |título=Por qué España debe prohibir los delfinarios como ha hecho Francia |autor=Sergio Ferrer |data=10/05/2018 |dataacceso=17 de outubro de 2018 |xornal=El Confidencial |url=https://www.elconfidencial.com/tecnologia/ciencia/2017-05-10/delfines-orcas-cetaceos-acuarios-zoologicos-francia_1379273/ |lingua=es}}</ref>.
 
Morfoloxicamente, presentan un corpo fusiforme, semellante ós dos [[peixes]], que os fai máis [[hidrodinámica|hidrodinámicos]]. As [[Extremidade|patas]] anteriores transformáronse en [[aleta]]s, mentres que as posteriores desapareceron como tales, aínda que como vestixio quedan algúns [[óso]]s [[Estrutura vestixial|vestixiais]] non unidos á [[pelve]] e ocultos dentro do corpo. A aleta caudal é horizontal e divídese en dous lóbulos. Xeralmente carecen de pelo y teñen unha espesa capa de graxa que lles serve de illamento térmico. O tamaño dos cetáceo vai desde 1&nbsp;m e 50&nbsp;kg do [[golfiño de Maui]] aos 29,9&nbsp;m e 173 toneladas da [[balea azul]]<ref name=pop>{{cita web |título=Assessment and Update Status Report on the Blue Whale ''Balaenoptera musculus'' |editor=Committee on the Status of Endangered Wildlife in Canada |ano=2002 |url=http://www.sararegistry.gc.ca/virtual_sara/files/cosewic/sr_blue_whale_e.pdf |formato=PDF |dataacceso=19 de abril de 2007 |lingua=en}}</ref>, que é o animal máis grande que xamais existiu na [[Terra]], mesmo maior cos renomeados [[Dinosauria|dinosaurios]]. Algunhas especies mostran [[dimorfismo sexual]]. Aínda que non son tan flexibles ou áxiles coma as [[Pinnípedes|focas]], os cetáceos poden nadar moi rápido, así a [[candorca]] é capaz de trasladarse a 35&nbsp;km/h en períodos curtos de tempo, e o [[rorcual común]] pode manter unha velocidade de 30&nbsp;km/h. Os golfiños poden facer xiros moi axustados mentres nadan a gran velocidade<ref>{{cita publicación periódica |apelidos=Fish |nome=Frank E. |ano=2002 |título=Balancing Requirements for Stability and Maneuverability in Cetaceans |url=http://icb.oxfordjournals.org/content/42/1/85.full |xornal=Integrative and Comparative Biology |volume=42 |número=1 |páxinas=85–93 |doi=10.1093/icb/42.1.85 |pmid=21708697 |lingua=en}}</ref>. Os misticetos teñen [[vibrisas]] na súa boca, a diferenza das baleas dentadas. Os cetáceos teñen uns [[Sentido (bioloxía)|sentidos]] moi desenvolvidos: a [[Visión|vista]] e o [[oído]] están adaptados tanto para a auga como para o aire, e as baleas teñen un sistema [[Tacto|táctil]] nas súas vibrisas. Teñen unha capa de tecido adiposo debaixo da pel para manter a calor corporal en augas frías. Algunhas especies están ben adaptadas para mergullarse a grandes profundidades.
 
Os grandes cetáceos foron obxecto da caza comercial durante séculos, como un recurso mariño máis, ata poñelos en perigo de extinción. Aínda hoxe algúns países coma [[Xapón]], [[Noruega]] ou [[Islandia]] seguen cazando baleas para comer a súa carne, escudándose no argumento da [[caza de baleas|caza científica]]. Puntualmente tamén se cazaron os golfiños, tanto para aproveitar a carne como por consideralos inimigos dos pescadores e aínda hoxe o fan no Xapón, os ''[[Linguas inuit|inuit]]'' (esquimós) do [[Canadá]] ou nas [[Feroe|illas Feroe]] en [[Dinamarca]].
 
A rama da [[bioloxía]] que estuda estes animais é a [[cetoloxía]].
 
== Características ==