Xadrez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Algo máis desde a wiki .ca
Algo máis
Liña 3:
{{Notación alxebraica}}
[[Ficheiro:ChessSet.jpg|miniatura|Pezas de xadrez.]]
O '''xadrez'''<ref>{{DRAG|xadrez}}</ref> é un [[xogo de taboleiro|xogo]] de [[Xogos de estratexia|estratexia]] que se practica normalmente entre dúas [[persoa]]s nas que cada unha delas dispón de 16 [[Pezas de xadrez|pezas]] móbiles de diferentes formas e características (1 [[rei (xadrez)|rei]], 1 [[dama (xadrez)|raíña ou dama]], 2 [[Alfil (xadrez)|alfís]], 2 [[cabalo (xadrez)|cabalos]], 2 [[torre (xadrez)|torres]] e 8 [[peón (xadrez)|peóns]]) e que se colocan sobre un [[Taboleiro de xadrez|taboleiro]] cadrado dividido en 64 casas ou escaques nunha disposición cadrada de 8x8 e de dúas cores alternas, normalmente brancas e negras. O obxectivo é dar [[xaque mate]] («derrocar») ao rei do opoñente. Isto faise ameazando a casa que ocupa o rei con algunha das pezas propias sen que o outro xogador poida protexer ao seu rei interpoñendo unha peza entre o seu rei e a peza que o ameaza, mover o seu rei a un escaque libre de ameazas ou capturar á peza que o está ameazando, o que trae como resultado o xaque mate e o fin da partida.
 
Malia a que os xogadores compiten a nivel individual en diferentes [[Torneo de xadrez|torneos]] tamén existen competicións por equipos, sendo unha das máis importantes as [[Olimpíadas de xadrez]].