Hochseeflotte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*Guillermo > Guillerme (no nome de nobres europeos non españois).
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=xaneiro de 2015}}
[[Ficheiro:Hochseeflotte 2.jpg|miniatura|300px|Dreadnoughts da Hochseeflotte.]]
A '''Hochseeflotte''' (en [[lingua galega|galego]]:''frota de alta mar'') foi a frota de batalla da [[Mariña Imperial alemá]] que participou durante a [[Primeira Guerra Mundial]]. Foi creada en febreiro do ano [[1907]] cando a Heimatflotte pasou a chamarse Hochseeflotte. O almirante [[Alfred von Tirpitz]] foi o arquitecto da frota; imaxinou unha forza o suficientemente poderosa como para desafiar o predominio da [[Royal Navy]]. O káiser [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]], o emperador de [[Alemaña]], defendeu a frota como o instrumento co cal se apoderaría de territorios de ultramar e faría de Alemaña unha potencia mundial. Ao concentrar unha potente frota de combate no [[mar do Norte]], mentres que a Royal Navy estaba obrigada a dispersar as súas forzas ao longo de todo o [[Imperio Británico]], Tirpitz cría que Alemaña podería acadar un equilibrio de forzas que danaría seriamente a hexemonía naval británica. Este foi o corazón da "Teoría do risco" de Tirpitz, que sostiña que o [[Reino Unido]] non desafiaría a Alemaña se a frota desta última plantexáballelle supuña unha significativa ameaza.
 
O principal compoñente da frota foron os seus [[acoirazado]]s, tipicamente organizados en escuadróns de oito barcos, aínda que tamén tiñan outras formacións, como o 1º grupo de exploración. No momento da súa creación en [[1907]], a Hochseeflotte estaba formado por dous escuadróns de acoirazados, e cara [[1914]] fora engadido un terceiro. A revolución do [[dreadnought]] en [[1906]] afectou en gran medida á composición da frota; os 24 [[pre-dreadnought]]s da frota foron declarados obsoletos e requiríase a súa substitución. Suficientes dreadnoughts para encher dous escuadróns foron completados para o estoupido da guerra a mediados de [[1914]]; os oito pre-dreadnoughts máis modernos foron usados para constituír un terceiro. Dous escuadróns adicionais de buques máis vellos foron mobilizados ao inicio das hostilidades, aínda que cara o final da guerra esas formacións foron disoltas.