Airbus A220: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 114:
 
O [[29 de outubro]] de 2015 Bombardier realizou unha amortización de 3 200 millóns de dólares canadenses na CSeries. O goberno entrante de [[Justin Trudeau|Trudeau]] indicou que respostaría á solicitude de Bombardier por 350 millóns en asistencia despois de que tomase o poder a comezos de novembro.<ref>{{cite web|url=https://www.theglobeandmail.com/news/politics/liberals-to-decide-on-financial-assistance-for-bombardier/article27030710/|title=Quebec makes high-risk bet with $1-billion Bombardier investment|publisher=The Globe and Mail|accessdate=17 de outubro de 2018}}</ref> O mesmo día o gobeno de Quebec investiu 1 millón de dólares canadenses na compañía para salvar os problemas do programa.<ref>{{cite web|url=https://www.thestar.com/business/2015/10/29/quebec-government-says-aerospace-industry-bombadier-cseries-too-important-to-give-up.html|title=Bombardier CSeries, aerospace industry too important to give up: Quebec government|publisher=The Star|accessdate=17 de outubro de 2018}}</ref>
 
A principios de novembro de 2015 un informe de [[Scotiabank]] indicaba que a compañía e o programa probablemente necesitarían un segundo rescate, e que aínda así a CSeries probablemente non faría cartos: o analista de Scotiabank Turan Quettawala dixo, "cremos que o informe corrobora a nosa visión de que a CSeries non vai a acumular valor baixo ningún escenario".<ref>{{cite web|url=http://business.financialpost.com/investing/trading-desk/bombardier-inc-could-need-a-second-bailout-within-12-18-months-scotiabank|title=Bombardier Inc could need a second bailout within 12-18 months: Scotiabank|publisher=Financial Post|accessdate=17 de outubro de 2018}}</ref>
 
En abril de [[2016]] o goberno do Canadá ofreceu un paquete de axuda á compañía sen divulgar a cantidade ou condicións impostas. Nesa data algúns medios informaron que Bombardier rexeitara a oferta,<ref>{{cite web|url=https://www.bloomberg.com/news/articles/2016-04-15/bombardier-said-to-reject-aid-proposal-from-canadian-government|title=Bombardier Rejects Aid Proposal From Canadian Government|publisher=Bloomberg|accessdate=17 de outubro de 2018}}</ref> pero unha fonte anónima avisou a [[Reuters]] de que as negociacións seguían abertas. O [[14 de abril]] as accións de Bombardier alcanzaron o seu máximo en seis meses polos rumores non confirmados de que [[Delta Air Lines|Delta]] ordenara avións da CSeries.<ref>{{cite web|url=https://ca.reuters.com/article/businessNews/idCAKCN0XC1NK|title=Canada government, Bombardier still far apart in aid talks: sources|publisher=Reuters|accessdate=17 de outubro de 2018}}</ref>
 
En 2016 informouse de que a compañía estaba solicitando un paquete de axuda de 1 000 millóns de dólares canadenses por parte do goberno.<ref>{{cite web|url=https://www.thestar.com/business/2016/04/28/delta-places-56b-order-for-bombardier-cseries-passenger-jets.html|title=Despite Delta’s order, Bombardier wants Ottawa’s help|publisher=The Star|accessdate=17 de outubro de 2018}}</ref> En febreiro de [[2017]] Canadá anunciou un paquete de 372,5 millóns en préstamos sen intereses para Bombardier, recibindo a CSeries un terzo deses cartos.<ref>{{cite web|url=https://www.ctvnews.ca/business/ottawa-to-give-bombardier-372-5-million-in-loans-1.3275051|title=Ottawa to give Bombardier $372.5 million in loans|publisher=CTV|accessdate=17 de outubro de 2018}}</ref>
 
=== Certificación ===
 
== Notas ==