Abrir o menú principal

Cambios

- Final de rei, cabalo e alfil (contra rei): O mate máis difícil do xadrez.
 
== Perfil psicolóxico dos xadrecistas ==
 
[[Ficheiro:Samuel Reshevsky versus the World.JPG|miniatura|O neno prodixio do xadrez, [[Samuel Reshevsky]], de oito anos, derrota a varios mestres do xadrez, nunhas partidas simultáneas en Francia.]]
 
Na actualidade existe unha importante investigación psicolóxica do xadrez. Un dos feitos mellor establecidos é que aínda que o xadrez é amplamente considerado o mellor exemplo de actividade intelectual entre os xogos, existe moi pouca evidencia entre [[Ciencia cognitiva|capacidades cognitivas]] concretas e a pericia no xadrez. Aínda que existe unha débil correlación entre [[intelixencia]] e pericia no xadrez entre os nenos que están a aprender, dita correlación non existe cando consideramos grandes mestres ou nenos altamente talentosos para o xadrez.<ref>[https://web.archive.org/web/20070702095718/http://bura.brunel.ac.uk/bitstream/2438/642/1/Does+Chess+Need+Intelligence-revision-finalINT.pdf Merim Bilalić (2007): «Does chess need intelligence?» ''Inteligence'', '''35''', pp. 457-470, 2007].</ref> O factor que explica mellor o desempeño xadrecístico é o número de horas de práctica. Con todo é evidente que este é un xogo/deporte destacadamente [[intelectual]] debido a que require [[concentración]], [[cálculo]], [[capacidade de análise]], e é ben coñecido que abundan altísimos cocientes intelectuais entre os xogadores de primeira fila mundial. Algúns estudos suxiren que os grandes mestres son capaces de almacenar entre 10 mil e 100 mil “fragmentos”<ref>Simon, H. A. & Gilmartin K. J. (1973): «A simulation of memory for chess positions.» ''Cognitive Psichology'', '''5''', pp. 29-46.</ref> ou posicións de taboleiro xadrecisticamente relevantes, aínda que simulacións por computador estiman este número en 300 mil.<ref>Gobet, F. & Simon H. A. (1998): «Expert memory: Revisiting the chunking hypothesis.» ''Memory'', '''6''', pp. 225-255.</ref><ref>Gobet, F. & Simon H. A. (2000): «Five seconds or sixty? Presentation time in expert memory.» ''Cognitive Science'', '''24''', pp. 651-682.</ref>
 
Outro aspecto, menos estudado, é o da personalidade dos xadrecistas. Un estudo que comparaba 219 nenos que xogaban ao xadrez con outros 50 que non o facían, cuxos trazos de personalidade foron clasificados de acordo co [[Modelo dos cinco grandes|Test de personalidade dos cinco grandes]] («O»: Apertura a novas experiencias, « C»: [[Responsabilidade]], «E»: [[ Extroversión]], «A»: [[Amabilidade]], « N»: [[ Neuroticismo]]), suxería que era máis probable que os nenos con alta puntuación nos factores «O» e «E» fosen xogadores de xadrez. Os nenos homes que puntúan máis alto no factor «A», están menos interesados no xogo. Iso podería explicar por que as nenas, que xeralmente puntúan máis alto no factor «A», están en xeral menos interesadas no xogo. Outro estudo realizado en [[estudantes universitarios]] menciona que, aquelas persoas cuxa [[personalidade]] elles pracenteiras a procura e experimentación de sensacións novas e fortes, sentense moito máis atraídas polo xogo que aquelas que evaden esas sensacións, sen importar o [[sexo]].<ref>Joireman J.A., Fick C.S. & Anderson J.W. (2002): “Sensation seeking and involvement in chess”, ''Personality and Individual Differences'', '''32''', p. 509-515.</ref> Con todo, os estudos non detectaron ningunha correlación entre os trazos de personalidade e a pericia xadrecística dun xogador.
== Grandes xadrecistas de todos os tempos ==
 
96.039

edicións