Abrir o menú principal

Cambios

Algo máis
[[Ficheiro:ChessSet.jpg|miniatura|Pezas de xadrez.]]
O '''xadrez'''<ref>{{DRAG|xadrez}}</ref> é un [[xogo de taboleiro|xogo]] de [[Xogos de estratexia|estratexia]] que se practica normalmente entre dúas [[persoa]]s nas que cada unha delas dispón de 16 [[Pezas de xadrez|pezas]] móbiles (1 [[rei (xadrez)|rei]], 1 [[dama (xadrez)|raíña ou dama]], 2 [[Alfil (xadrez)|alfís]], 2 [[cabalo (xadrez)|cabalos]], 2 [[torre (xadrez)|torres]] e 8 [[peón (xadrez)|peóns]]) e que se colocan sobre un [[Taboleiro de xadrez|taboleiro]] cadrado dividido en 64 casas ou escaques nunha disposición cadrada de 8x8 e de dúas cores alternas, normalmente brancas e negras. O obxectivo é dar [[xaque mate]] («derrocar») ao rei do opoñente. Isto faise ameazando a casa que ocupa o rei con algunha das pezas propias sen que o outro xogador poida protexer ao seu rei interpoñendo unha peza entre o seu rei e a peza que o ameaza, mover o seu rei a un escaque libre de ameazas ou capturar á peza que o está ameazando, o que trae como resultado o xaque mate e o fin da partida.
 
Malia a que os xogadores compiten a nivel individual en diferentes [[Torneo de xadrez|torneos]] tamén existen competicións por equipos, sendo unha das máis importantes as [[Olimpíadas de xadrez]].
 
Na súa versión de competición,<ref name="LeyesFIDE">{{cita web|url=http://www.fibda.com/traducciones/pdf/leyes-fide-2009.pdf|título=Leyes del ajedrez de la FIDE|dataacceso=2 de abril de 2013|4=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130309013421/http://www.fibda.com/traducciones/pdf/leyes-fide-2009.pdf|dataarquivo=9 de marzo de 2013}}</ref> o xadrez está considerado como un [[deporte]].<ref>{{cita web | url=http://www.csd.gob.es/csd/asociaciones/1fedagclub/soapcli.2007-02-14.7388867167/view | título=La Federación Española de Ajedrez es una de las federaciones deportivas españolas reconocidas por el Consejo Superior de Deportes de España|obra=csd.gob.es | dataacceso=5 de novembro de 2010}}</ref>
96.069

edicións