Motor de combustión interna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 128:
 
O motor de Wankel é compacto e lixeiro en comparación cos motores de pistóns, polo que gañou importancia durante a crise do petróleo nas décadas de [[Anos 1970|1970]] e [[Anos 1980|1980]]. Ademais, funciona case sen vibracións e a súa sinxeleza mecánica permite unha fabricación barata. Non require moita refrixeración, e o seu centro de gravidade baixo aumenta a seguridade na condución. Con todo salvo algúns exemplos prácticos como algúns vehículos [[Mazda]], tivo problemas de durabilidade.
=== Motor de carga estratificada ===
 
Unha variante do motor de aceso con buxías é o motor de carga estratificada, deseñado para reducir as emisións sen necesidade dun sistema de re-circulación dos gases resultantes da combustión e sen utilizar un [[ convertidor catalítico|catalizador]]. A clave deste deseño é unha cámara de combustión dobre dentro de cada cilindro, cunha antecámara que contén unha [[mestura rica]] de combustible e aire mentres a cámara principal contén unha [[mestura pobre]]. A buxía acende a mestura rica, que á súa vez acende a da cámara principal. A temperatura máxima que se alcanza é suficientemente baixa como para impedir a formación de óxidos de nitróxeno, mentres que a temperatura media é a suficiente para limitar as emisións de monóxido de carbono e hidrocarburos.
 
==Notas==
{{Listaref}}