Motor de combustión interna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 119:
<ref>Ricard Miguel Vidal: "El motor de aviación de la "A" a la "Z"". Aeroteca, Barcelona 2008</ref><ref>Takashi Suzuki, Ph D. "The romance of engines". SAE 1997</ref><ref>LJK Setright: "Some unusual engines". Mechanical Engineering Publications Limited. London 1975</ref>
 
=== Motor Wankel ===
[[Arquivo: Wankel anim.gif| thumb|Motor Wankel.]]
{{AP|Motor Wankel}}
 
Na década de [[Anos 1950|1950]], o enxeñeiro alemán [[Félix Wankel]] completou o desenvolvemento dun motor de combustión interna cun deseño revolucionario, actualmente coñecido como motor Wankel. Utiliza un rotor triangular- lobular dentro dunha cámara ovalada, en lugar dun pistón e un cilindro.
 
A mestura de combustible e aire é absorbida a través dun orificio de aspiración e queda atrapada entre unha das caras do rotor e a parede da cámara. A rotación do rotor comprime a mestura, que se acende cunha buxía. Os gases expúlsanse a través dun orificio de expulsión co movemento do rotor. O ciclo ten lugar unha vez en cada unha das caras do rotor, producindo tres fases de potencia en cada xiro.
 
O motor de Wankel é compacto e lixeiro en comparación cos motores de pistóns, polo que gañou importancia durante a crise do petróleo nas décadas de [[Anos 1970|1970]] e [[Anos 1980|1980]]. Ademais, funciona case sen vibracións e a súa sinxeleza mecánica permite unha fabricación barata. Non require moita refrixeración, e o seu centro de gravidade baixo aumenta a seguridade na condución. Con todo salvo algúns exemplos prácticos como algúns vehículos [[Mazda]], tivo problemas de durabilidade.
==Notas==
{{Listaref}}