Ringo Starr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4948962 de Breogan2008 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 110:
Apenas un ano despois, en decembro de 1982, comezou a gravar un novo álbum coa axuda de [[Joe Walsh]] como [[Produción musical|produtor musical]]. Con todo, a decisión de [[RCA Records]] de rescindir o seu contrato obrigou a Ringo a negociar a súa publicación con outros selos. O resultado, ''[[Old Wave]]'' (1983), foi un disco dispoñible nos Estados Unidos como importación que non entrou en ningunha lista de éxitos.
 
O decrecente interese xeral na carreira musical de Ringo, sumado a problemas persoais co [[alcohol]] e a súa entrada nunha clínica de rehabilitación, converteu a ''Old Wave'' no seu último traballo de estudo en case unha década, ata a publicación de ''[[Time Takes Time]]'' (1992). Entre 1984 e 1986, narrou a [[cinemacine de animación|serie infantil animada]] ''[[Thomas and Friends]]'', unha produción baseada nos libros de Wilbert Awdry. Tamén interpretou o personaxe de Mr. Condutor no ''[[spin-off]]'' ''Shining Time Station'', que debutou na cadea [[Public Broadcasting Service|PBS]] en 1989. Tamén tocou como [[músico de sesión]] no disco de Harrison ''[[Cloud 9]]'' (1987), e participou con [[Jeff Lynne]], [[Eric Clapton]], [[Elton John]] e [[Phil Collins]] no concerto benéfico Prince's Trust.
 
Entre outubro e novembro de 1988, Starr e Bach entraron nunha clínica de desintoxicación de [[Tucson]] ([[Arizona]] para tratar o seu [[alcolismo]]. Unha vez recuperado da súa adición, Ringo creou [[Ringo Starr His All-Starr Band]], unha banda cunha formación rotatoria ao estilo de [[Bill Wyman's Rhythm Kings]] que na súa primeira edición estivo formada por [[Dr. John]], [[Joe Walsh]], [[Billy Preston]], [[Levon Helm]], [[Rick Danko]], [[Nils Lofgren]], [[Clarence Clemons]] e [[Jim Keltner]].