Motor de combustión interna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 108:
 
Os [[motor diésel mariño|motores diésel grandes]] de 2T adoitan ser motores lentos con velocidades de cigüeñal de 100 a 750 revolucións por minuto (rpm ou r/ min) (grandes barcos), mentres que os motores de 4T traballan ata 2500 rpm (camións e autobuses) e 5000& nbsp; rpm. (automóbiles)
=== Motor de dous tempos ===
{{AP|Motor de dous tempos}}
Cun deseño adecuado pode conseguirse que un motor Otto ou diésel funcione a dous tempos, cun tempo de potencia cada dúas fases en lugar de cada catro fases. A eficiencia deste tipo de motores é menor que a dos motores de catro tempos, pero ao necesitar só dous tempos para realizar un ciclo completo, producen máis potencia que un motor de catro tempos do mesmo tamaño.
 
O principio xeral do motor de dous tempos é a redución da duración dos períodos de absorción de combustible e de expulsión de gases a unha parte mínima dun dos tempos, en lugar de que cada operación requira un tempo completo. O deseño máis simple de motor de dous tempos utiliza, en lugar de válvulas na culata, lumbreiras, orificios (que quedan expostos ao ir subindo e baixando o pistón). Nos motores de dous tempos, case sempre lubricados engadindo aceite á gasolina, a mestura de combustible e aire entra no cilindro a través da lumbreira de admisión cando o pistón está na posición máis afastada da culata. O primeiro tempo é a compresión-aceso, na que se inicia a combustión da carga de mestura aire/combustible/aceite cando o pistón avanza ata o final dese tempo (PMS). Despois, o pistón retírase na fase de explosión, abrindo o orificio de expulsión e permitindo que os gases saian da cámara. Dos dous procedementos para o 'varrido' dentro dos cilindros dos motores de dous tempos, proceso polo cal entra a nova carga e expúlsanse ao escape os gases procedentes da combustión da mestura de traballo, demostrouse (SAE) que o chamado: 'varrido en lazo' ('Loop scavenging' en inglés) dá sempre mellores resultados que o sistema chamado: 'Unidireccional' ('Uniflow scavenging' en inglés).
 
==Notas==