Célula nai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 15:
== Tipos de células nai ==
=== Célula nai embrionaria ===
TralaTras a fecundación, isto é, a unión do xenoma do [[óvulo]] co [[espermatozoide]], fórmase unha [[célula]] quen de xerar un individuo completo. Esta primeira célula, denominada [[embrión]], é pois unha célula [[totipotencia|totipotente]], xa que a partir dela se obterán todos os tipos celulares até acadar o organismo adulto, con todos os seus órganos e tecidos. Mais non só esa primeira célula é totipotente: as células que resultan da división mitótica da anterior poden chegar a formar tamén un individuo adulto, mais só durante as primeiras 120 horas do desenvolvemento.
 
A partir do cuarto día, o [[embrión]] deixará de ser totipotente para se converter en pluripotente. Distinguiranse dous tipos celulares: