Leis de Newton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Petillés (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 3:
 
As leis de Newton tal como se adoitan expoñer só valen para [[sistema inercial|sistemas de referencia inerciais]]. En sistemas de referencia non-inerciais, xunto coas forzas reais deben incluírse as chamadas [[forza ficticia|forzas ficticias]] ou forzas de inercia que engaden termos suplementarios capaces de explicaren o movemento dun sistema pechado de partículas clásicas que interactúan entre elas.
==Primeira leiLei de Newton ou Lei da Inercia==
En ocasións, esta lei noméase '''Principio de Galileo'''.
 
Liña 13:
 
Na experiencia diaria, os corpos están sometidos á acción de forzas de fricción ou [[rozamento]] que os van freando progresivamente. A non comprensión deste fenómeno fixo que, dende a época de [[Aristóteles]] e deica a formulación deste principio por Galileo e Newton, se pensase que o estado natural de movemento dos corpos era nulo e que as forzas eran necesarias para mantelos en movemento. Porén, Newton e Galileo mostraron que os corpos se moven a velocidade constante e en liña recta se non hai forzas que actúen sobre eles. Este principio constituíu unha das descubertas máis importantes da física.
 
==Segunda Lei de Newton ou Lei da Forza==
Existen diversas maneiras de formular a segunda lei de Newton, que relaciona as forzas actuantes e a variación da cantidade de movemento ou momento lineal. A primeira das formulacións, que presentamos a continuación é válida tanto na mecánica newtoniana coma na mecánica relativista: