Diferenzas entre revisións de «Procopio de Cesarea»

sen resumo de edición
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
{{Biografía}}
'''Procopio''' (''Procopius'' (en [[lingua grega|grego]] Προκόπιος) foi un dos máis eminentes historiadores bizantinos.
== Traxectoria ==
Era orixinario de [[Cesarea de Palestina]]. Estudou o grego clásico e asistiu a unha escola de dereito, probabelmente en [[Beirut]]. Cando aínda era mozo foi a [[Constantinopla]] e destacou como avogado e mestre en elocuencia, ata o punto que atraeu a atención de [[Belisario]], que o nomeou o seu secretario (ὑπογραφεύς). Nesta condición Procopio acompañou ao gran xeneral ás súas guerras en Asia, África e Italia, nas cales realizou a miúdo algunhas tarefas diplomáticas e mesmo operacións militares.
 
Durante a [[Guerra gótica de Italia]] recibiu o departamento do comisariado e á fronte da frota tivo parte decisiva na vitoria da campaña. Foi testemuña de feitos como o [[Asedio de Roma (537-538)]] e a captura da capital dos [[godos]], [[Rávena]], onde se rendeu o rei godo [[Vitixes]]. Volveu con Belisario á capital un pouco antes do [[542]], pero non participou na segunda campaña do xeneral en terras itálicas, desta vez contra o novo rei godo [[Tótila]].
 
O emperador deulle o título de ''ilustre'', fíxoo senador e o [[562]] nomeouno prefecto de Constantinopla. Morreu pouco antes ou ao pouco da morte de [[Xustiniano I]] o [[565]], cando tiña algo máis de 60 anos.
 
== Obra ==
Na súa obra histórica dá unha descrición moi esmerada da [[peste de Xustiniano|praga]] que afectou a Constantinopla o [[543]], cuns detalles médicos que fixo pensar que era médico ou tiña grandes coñecementos, pero o máis probábel é que a súa fonte fosen algúns médicos amigos. Como historiador é eloxiado por todos os que o seguiron; escribía sobre modelos clásicos, cun estilo elegante e descritivo, pleno de vigor, demostrando continuamente que escribía sobre temas dos que tiña unha moi boa información; foi o principal historiador do reinado de [[Xustiniano I]].
 
As súas obras principais foron:
# '''''Ιστορίαι''''', ''Historia das guerras'', obra dividida en 8 libros sobre as guerras libradas polo [[Imperio Bizantino]] durante o reinado de Xustiniano. Dous sobre as guerras persas, do [[408]] ao [[553]], dous sobre as guerras cos vándalos do [[395]] ao [[545]] e catro sobre as guerras góticas (de feito o cuarto libro é un suplemento con materias tamén doutros acontecementos) ata o [[553]], que foi continuado por [[Agatías de Mírina|Agatías]] ata o [[559]].
188.809

edicións