Televisión: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Sistemas de televisión: arranxiño |
Sen resumo de edición |
||
Liña 8:
[[Boris Rosing]] patentou en 1907 un sistema de televisión que utilizaba como receptor un moi primitivo tubo de raios catódicos, un dos seus alumnos, [[Vladimir Zworykin]] solicitou a patente en 1923 dun sistema de televisión utilizando tanto como transmisor como receptor tubos de raios catódicos pero os seus experimentos prácticos non deron resultado<ref>Paul Schatzkin "The Boy Who Invented Television", pp. 111-8.</ref>. O primeiro sistema semimecánico de [[televisión analóxica]] demostrouse en febreiro de [[1924]] en [[Londres]] por [[John Logie Baird]] cunha imaxe do deseño animado ''[[Felix the Cat]]'' e, posteriormente, imaxes en movemento en [[30 de outubro]] de [[1925]], realizando a primeira demostración pública o [[26 de xaneiro]] de 1926. O primeiro servizo regular de televisión, en analóxico, foi a [[W2XB]], popularmente coñecida como WGY en [[Schenectady]], [[Nova York]], inaugurado en [[11 de maio]] de [[1928]].
Os primeiros aparellos de televisión eran radios cun dispositivo que consistía nun tubo de [[neon]] cun disco xiratorio mecánico ([[disco de Nipkow]]) que producía unha imaxe vermella do tamaño dun selo postal. Entre 1928 e 1929 [[Philo Farnsworth]] e Zworykin presentaron receptores electrónicos semellantes e envolvéronse nunha lea xudicial durante varios anos. En [[1931]] Zworykin elaborou o primeiro [[iconoscopio]] funcional <ref>[http://books.google.com/books?id=z1Khj2gYS-QC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false Dicky Howett ''Television Innovations: 50 Technological Developments'', p. 15]</ref>. O primeiro servizo de alta definición apareceu na [[Alemaña]] en marzo de [[1935]], mais estaba dispoñíbel apenas en 22 salas públicas. Unha das primeiras grandes transmisións foi a dos [[Xogos Olímpicos de 1936]], en [[Berlín]]. O uso da televisión aumentou nos Estados Unidos enormemente despois da [[Segunda Guerra Mundial]] debido aos avances tecnolóxicos xurdidos coa guerra e á renda adicional dispoñíbel (aparellos de TV nos [[década de 1930|anos 30]] custaban o equivalente a US$ 7000 actuais ([[2001]]) e había pouca programación dispoñíbel), e si en 1950 había 100.000 televisores un ano despois o seu número aumentou ao millón, chegando en 1959 ao 88% dos fogares<ref>[http://books.google.com/books?id=zuDCW_qHvpIC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false Susan B. Neuman ''Literacy in the television age: the myth of the TV effect'', p. 1]</ref>, e xa para 1960 nese país a televisión desprazou ao [[
[[Ficheiro:Early portable tv.jpg|miniatura|dereita|Aparello portátil.]]
|