Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
facendo revisión lingüística
Liña 43:
[[Ficheiro:Map France 1180-es.svg|miniatura|250px|Francia en 1180. <small>En '''''azul''''' as posesións directas do rei</small>.]]
[[Ficheiro:Conquetes_Philippe_Auguste.png|miniatura|dereita|250px|Conquistas durante o reinado de Filipe Augusto. <small>En '''''azul''''', dominios do rei; en '''''vermello''''', dominios do rei de Inglaterra.</small>)]]
;Inglaterra: Guillerme o Conquistador comenzaracomezara xa un certo labor de centralización administrativa. Porén, os seus sucesores tiveron que enfrontarse cunha turbulenta [[nobreza]] feudal, incluíndo algunhas guerras civís. En resposta, o rei [[Henrique II de Inglaterra]] introduciu unha serie de innovacións administrativas que permitiron o desenvolvemento da industria e o comercio, creando unha clase [[burguesía|burguesa]] mercantil na cidade de [[Londres]]. Aínda que o seu fillo [[Xoán Sen Terra]] tivo que ceder ante a nobreza e asinar a [[Carta Magna]] en [[1214]], o certo é que o proceso de consolidación da monarquía sobre os nobres xa non tiña volta, e o réxime pactado en dito documento non era senón un delicado sistema de equilibrios entre a monarquía e os baróns feudais.
;Francia: Os reis de Francia no [[século XII]] dominaban pouco máis que o territorio próximo a [[París]]. De feito, para a [[Primeira Cruzada]] o rei de Francia nin sequera foi consultado, levando o protagonismo de dita rexión o conde [[Raimundo I de Tolosa]]. Os franceses pasaron varias décadas moi apurados, debido a que o matrimonio entre [[Henrique II de Inglaterra]] e [[Leonor de Aquitania]] puxo nas mans do monarca inglés un enorme territorio, o chamado [[Imperio Anxevino]] (ou Imperio Plantagenet), que ameazaba con afogar a propia independencia do rei francés. Porén, coa chegada de [[Filipe II de Francia|Filipe Augusto]] ([[1180]]), Francia iniciou un proceso de imparábel consolidación interna, ao tempo que socavou o Imperio Anxevino. A última oportunidade de Inglaterra de destruír a Francia desvaneceuse coa derrota de [[Otón de Brunswick]], aliado de Inglaterra, ante os franceses na [[Batalla de Bouvines]] ([[1214]]). Ao rematar o reinado de Filipe Augusto, en [[1223]], Francia era unha monarquía feudal consolidada e en proceso de crecemento.
;Italia e Alemaña: Nestes territorios non houbo unha consolidación do poder central. Polo contrario, as destrutoras guerras entre o [[Papado]] e o [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Imperio Xermánico]], en particular as emprendidas por [[Federico I Barbarroxa]], e despois por [[Federico II de Alemaña]], levaron ao crecemento no seu seo de diversos [[estado|microestados]], en Italia das [[Comunas de Italia|comunas]], e en Alemaña dos [[principado]]s. Ao morrer Federico II, en [[1250]], o Imperio era apenas unha sombra do que fora. E as cidades e burgos independentes formaran unha constelación de estados autónomos que abarcaban todo o norte de Italia, Alemaña, [[Flandres]] e as costas do [[mar Báltico]].