Sempre en Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 24:
| seguido por =
}}
'''''Sempre en Galiza''''' é un libro de ensaio político escrito por [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]], considerado a obra canónica do [[nacionalismo galego]]. A obra publicouse o [[10 de marzo]] de [[1944]] en [[Buenos Aires]] e os primeiros exemplares que chegaron a [[Galicia]] fixérono de xeito clandestino.
 
No libro axúntanse artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra. O limiar da obra, ''Adro'', comprende os artigos que dende [[Badaxoz]] escribiu para ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' en [[1935]]. A primeira parte escribiuna entre [[Valencia]] e [[Barcelona]] en [[1937]], orixinariamente publicouse na forma de artigos no xornal que os galegos exiliados publicaban en [[Madrid]], ''[[Nueva Galicia (Madrid)|Nueva Galicia]]''. A segunda parte escribiuna en [[Nova York]] e durante a viaxe que o levou a [[Buenos Aires]] en [[1940]]. O resto escribiuno en Buenos Aires entre [[1942]] e [[1943]].