Motor de combustión interna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 94:
 
Tamén existe unha variación do ciclo Otto que mellora a eficiencia do motor ao aumentar o tempo de expansión con respecto ao tempo de compresión coñecido como [[Ciclo Miller]].
=== Motores diésel ===
[[Ficheiro:Diesel_Engine_(4_cycle_running).gif|miniatura|140px|Os catro tempos do diésel 4 T; pulsar sobre a imaxe.]]
{{AP|Motor diésel}}
[[Ficheiro:Diesel_engine_Uniflow.PNG|miniatura|140px|esquerda|Motor diésel 2 T, escape e admisión simultáneas.]]
 
En teoría, o ciclo diésel difire do ciclo Otto en que a combustión ten lugar neste último a volume constante en lugar de producirse a unha presión constante. A maioría dos motores diésel son así mesmo do ciclo de catro tempos, salvo os de tamaño moi grande, ferroviarios ou mariños, que son de dous tempos. As fases son diferentes das dos motores de gasolina.
 
Na primeira carreira, a de admisión, o pistón baixa, absorbendo aire cara á cámara de combustión. Na segunda carreira, a fase de compresión, en que o pistón sube. o aire comprímese a unha parte do seu volume orixinal, o cal fai que suba a súa temperatura ata uns 850 °C. Ao final da fase de compresión inxéctase o combustible a gran presión mediante a [[inxección de combustible]] co que se atomiza dentro da cámara de combustión, producíndose a inflamación por mor da alta temperatura do aire. Na terceira fase, a fase de traballo, os gases produto da combustión empuxan o pistón cara a fóra, transmitindo a forza lonxitudinal ao cigüeñal a través da biela, transformándose en forza de xiro [[par motor]]. A cuarta fase é, do mesmo xeito que nos motores Otto, a fase de escape, cando volve o pistón cara a dentro.
 
Algúns motores diésel utilizan un sistema auxiliar de ignición para acender o combustible ao arrincar o motor e mentres alcanza a temperatura adecuada.
 
A eficiencia ou rendemento (proporción da enerxía do combustible que se transforma en traballo e non se perde como calor) dos motores diésel dependen, dos mesmos factores que os motores Otto, é dicir das presións (e por tanto das temperaturas) inicial e final da fase de compresión. Por tanto é maior que nos motores de gasolina, chegando a superar o 40 %. nos grandes motores de dous tempos de propulsión naval. Este valor lógrase cun grao de compresión de 20 a 1 aproximadamente, contra 9 a 1 nos Otto. Por iso é necesaria unha maior robustez, e os motores diésel son, polo xeral, máis pesados que os motores Otto. Esta desvantaxe compénsase co maior rendemento e o feito de utilizar combustibles máis baratos.
 
Os [[motor diésel mariño|motores diésel grandes]] de 2T adoitan ser motores lentos con velocidades de cigüeñal de 100 a 750 revolucións por minuto (rpm ou r/ min) (grandes barcos), mentres que os motores de 4T traballan ata 2500 rpm (camións e autobuses) e 5000& nbsp; rpm. (automóbiles)
 
==Notas==