Lluís Companys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
Liña 30:
Traballou a prol dunha intervención positiva do goberno nos conflitos de obreiros. Foi detido en novembro do 1920 xunto con outros sindicalistas como [[Salvador Seguí]] e [[Martí Barrera]], e deportado ao castelo da Mola ([[Maó]]); daquela Francesc Layret foi asasinado, cando se preparaba a asumir a defensa como avogado. Companys foi posto en liberdade ao ser elixido [[deputado]] por [[Sabadell]], en representación do [[Partido Republicano Catalán]], ocupando o escano de Layret. Foi un dos fundadores da [[Unió de Rabassaires]] e o [[15 de outubro]] de [[1922]] pasou a dirixir o semanario ''La Terra. Revista Popular Agrària'' que era o órgano da Unión.
 
Durante a [[ditadura de Primo de Rivera]], concentrouse no labor de avogado asesor da Unión de Rabassaires, e, desde 1928, formou parte dos comités dos partidos cataláns que dirixían a oposición política. En outubro do [[1930]] foi de novo encarcerado. En marzo de [[1931]] participou na Conferencia de Esquerdas, a partir da cal se formou [[Esquerra Republicana de CataluñaCatalunya]].
 
=== Actividade durante a República ===