Illas Canarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 115:
=== Clima ===
[[Ficheiro:Sahara Canary Islands.jpg|250px|miniatura|Canarias afectada polo po en suspensión procedente do [[deserto do Sahara]], fenómeno coñecido como ''[[calima]]'' ou po en suspensión.]]
O clima é [[Clima subtropical|subtropical]] oceánico, con temperaturas mitigadas todo o ano polo mar e no verán polos [[ventos alisios]]. Danse variacións moi importantes en canto ao réxime de precipitacións. Nalgunhas zonas da illa de [[La Palma]], por exemplo, as precipitacións anuais chegan a superar os 1.200 litros. Nas illas orientais as precipitacións son máis escasas que nas occidentais; así [[Fuerteventura]] e [[Lanzarote]] caracterízanse por un [[clima árido]] [[Clima semiárido|semidesértico]]. A escaseza de choiva levou á instalación de desalgadoras para abastecer zonas urbanas, como nas [[As Palmas de Gran Canaria|Palmas de Gran Canaria]] ou [[Santa Cruz de Tenerife]]. De feito, a primeira planta desalgadora de España instalouse na illa de [[Lanzarote]] en [[1964]], e na actualidade esta illa e [[Fuerteventura]] abastécense na súa totalidade de auga de mar desalgada.<ref>{{Cita web |url=http://www.mma.es/secciones/biblioteca_publicacion/publicaciones/revista_ambienta/n11/pdf/74_81_desaladoras.pdf |título=Nas illas de Lanzarote e Fuerteventura a desalgamento de auga de mar permite o abastecemento do 100% da poboación residente e turística |data-acceso=29 de xaneiro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110517235008/http://www.mma.es/secciones/biblioteca_publicacion/publicaciones/revista_ambienta/n11/pdf/74_81_desaladoras.pdf |dataarquivo=17 de maio de 2011 |urlmorta=si }}</ref>
 
A porosidade do terreo, dada a súa natureza volcánica, dificulta o aproveitamento da auga da choiva en presas e encoros, aínda que estas teñen unha certa importancia en [[Gran Canaria]] e [[La Gomera]]. Nas illas occidentais lévase a cabo un aproveitamento dos acuíferos subterráneos a través das [[Galería filtrante|galerías]], fóra da illa de [[El Hierro]], onde son máis importantes os [[pozo]]s e [[alxibe]]s. Unha característica dalgúns lugares das illas é a presenza de montañas preto da costa que provocan que as masas de aire se condensen, dando lugar ao fenómeno coñecido como ''mar de nubes'', e xa que logo, o beneficio da vexetación da zona debido á [[humidade]]. Con todo, debido aos microclimas existentes nunha mesma illa, pódense atopar zonas onde aparecen bosques húmidos e outras zonas onde a aridez é a característica principal.