Max Mosley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m robot Añadido: fr:Max Mosley
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ortografía
Liña 1:
'''Max Rufus Mosley''' (nado en [[1940]], en [[Londres]],[[ Reino Unido]]) é o actual presidente da Federación Internacional do Automóbil, cargo no que está levando a cabo o seu cuarto mandato.
 
É o segundo fillo do líder da Unión Británica de Fascistas, sir Oswald Mosley e de Diana Mitford. É graduado en Física pola Oxford Christ Church desde [[1961]]. Durante o seu tempo en Oxford foi secretario da Oxford Union. Estudou dereito en Gray's Inn en Londres e doutorouse como avogado en [[1964]]. Correu en clubs do Reino Unido durante [[1966]] e [[1967]] seguido da Fórmula Dous para o London Racing Team e para o equipo de [[Frank Williams]] no [[1968]]. Retirouse no [[1969]] e converteuse nun dos fundadores da produtora de monoprazas March. Conseguiu un certo éxito na Formula Un, ao quedar March terceiro no campeonato de construtores dos anos [[1970]] e [[1971]] e co subcampeonato de [[Ronnie Peterson]] tamén en [[1971]]. Asi mesmo, adquiriu un gran prestixio na ventavenda de chasis e coches de Fórmula Dous.
 
A principios dos 70 integrouse na FOCA (Formula One Constructors Association), unha asociación de equipos para defender os dereitos das escudarías e manter un control común do deporte. A finais do [[1977]] Mosley abandonou oficialmente a FOCA e convirteuse en asesor da mesma. Máis tarde foi electo como presidente da FISA (Fédération Internationale du Sport Automobile, un comité da FIA. Unha posterior reestruturación da FIA obrigouno a dimitir do seu cargo na FISA e foi elixido como presidente da FIA.